XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a primeira fase do proxecto de rehabilitación da Casa das Máquinas
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno do proxecto básico e de execución da rehabilitación do edificio da Casa das Máquinas, na rúa Galeras. Trátase dunha primeira fase, que conta cun orzamento material de 241.985 euros e un prazo de execución de seis meses.
XUNTA DE GOBERNO
Nova iluminación pública para a rúa Carme de Abaixo e a parroquia de Bando
A Xunta de Goberno autorizou o investimento necesario para a instalación de novas luminarias na rúa Carme de Abaixo e na parroquia de Bando, nos lugares de Castro e de Bando de Arriba, cun investimento conxunto de 7.704 euros. Esta previsión contémplase no contrato de xestión e mantemento do alumeado público.
XUNTA DE GOBERNO
A pista de xeo abrirá un Nadal máis no paseo central do parque da Alameda
A Xunta de Goberno autorizou a ocupación da vía pública no paseo central da Alameda para a instalación da pista de patinaxe sobre xeo. O recinto estará aberto dende un día aínda por determinar durante a ponte da Constitución ata o 1 de febreiro, se ben se podería ampliar o tempo se a demanda así o aconsellara.
NADAL
Cidadáns, visitantes e peregrinos decorarán a árbore de Nadal que se situará na Praza Roxa co nome de "A árbore das ilusións"
O Concello de Santiago promove a iniciativa "A árbore das ilusións". Trátase de decorar "entre todos e para todos" a árbore de Nadal que se situará na Praza Roxa. Peza a peza, búscase representar as ilusións e desexos dos veciños de Santiago, partindo da idea de que en moitas culturas a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra este sábado un concerto dirixido ás familias
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra este sábado, ás 18:00 horas, no Auditorio de Galicia, un concerto dirixido ao público familiar. A batuta levaraa o director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
CULTURA
Estrea de "Mr. Turner", "Samba" e "Beloved Sisters" na xornada do sábado en Cineuropa
Co festival a piques de chegar ao seu fin, as estreas non paran en Cineuropa na xornada deste sábado. Ás 19:45 horas, no Teatro Principal, poderemos asistir ao primeiro pase de Mr. Turner, biopic nada convencional que Mike Leigh realiza sobre a vida dun dos pintores máis emblemáticos do Romanticismo británico, William Turner. Timothy Spall, actor fetiche de Leigh, gañou o premio ao mellor actor en Cannes e conta con moitas posibilidades de levar o Oscar.
CULTURA
Aberta a inscrición para todos aqueles nenos que queiran participar na Cabalgata de Reis
O Concello de Santiago está xa traballando na organización da Cabalgata de Reis 2015 e este ano como novidade, e ante a demanda que todos os anos se xera entre os nenos e nenas por formar parte da comitiva dos Reis Magos ou das diversas carrozas, realizará un sorteo entre todos os nenos e nenas interesados para que participen.
CULTURA
A Banda Municipal de Música de Santiago clausura o Ciclo de Outono
Este domingo 30, a Banda Municipal de Música ofrece un concerto no Teatro Principal ás 12:00 horas, co que clausurará o Ciclo de Outono. Estará dirixida polo director convidado David Fiuza, que ofrecerá un interesante percorrido histórico pola música orixinal para banda.
PLENO
O Pleno municipal aproba inicialmente o orzamento de maior gasto social e investimento produtivo da lexislatura
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do mes de novembro, aprobou inicialmente o orzamento municipal para 2015, que ascende a 102,6 millóns de euros. Son unhas contas expansivas que presentan o maior nivel de gasto social e investimento produtivo da lexislatura.
DÍA INTERNACIONAL PARA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Declaración institucional da Corporación de Santiago de Compostela contra a violencia de xénero
A Corporación de Santiago de Compostela aprobou a seguinte declaración: