ALCALDÍA
Blanca Marsillach leva ao Principal unha obra dirixida a persoas con discapacidade
O Teatro Principal acollerá mañá martes, ás 11:30 horas, unha función do Programa interactivo de teatro para persoas con discapacidade, coa representación de Silencio...Vivimos, de Adolfo Marsillach. As funcións en Galicia desta obra están promovidas pola Deputación da Coruña.
ALCALDÍA
A celebración do 25º aniversario da declaración do Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo incluirá unha exposición sobre a peregrinación
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co xerente do Xacobeo, José Paz. Entre outros asuntos, no encontro falaron dos actos previstos con motivo da celebración, o 24 de outubro, do 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
EDUCACIÓN
A apertura da Escola de Salgueiriños sitúa a oferta municipal de prazas infantís nas 249
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asistiron á xornada de portas abertas na Escola Infantil de Salgueiriños. Este centro abre este ano baixo a xestión municipal e suma 123 prazas de gardería. Sumadas ás das escolas de Conxo e Fontiñas, a oferta municipal de prazas de escolas infantís sitúase nas 249.