XUNTA DE GOBERNO
A Concellería de Participación Cidadá incrementa un 30% a partida para subvencións ás asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais correspondentes ao ano 2012, cunha partida total de 72.000 euros. Ademais, adxudicáronse as tres primeiras obras do paquete de actuacións previsto pola Concellería de Barrios.
ALCALDÍA
Concello de Santiago e Paradores coinciden na necesidade de seguir potenciando a captación de turismo internacional
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuníronse en Raxoi coa presidenta de Paradores de Turismo de España, Ángeles Alarcón. Ambos falaron de turismo e, en particular, das accións encamiñadas á captación de visitantes internacionais, cuxa presenza segue a medrar en Compostela.
EDUCACIÓN
Máis de 400 escolares fixeron uso dos servizos de comedor e de madrugadores na primeira xornada do curso
O curso escolar comezou en Santiago con total normalidade. Do mesmo, xeito, sin incidencias, puxéronse en marcha os servizos de comedor e de madrugadores, que neste curso pasou a xestionar o Concello de Santiago.
DEPORTES
A II Marcha Ciclodeportiva Cidade da Cultura homenaxeará a Ezequiel Mosquera
O Multiusos do Sar acolleu a presentación da II Marcha Ciclodeportiva Monte Gaiás-Cidade da Cultura, que se celebrará o domingo 23 de setembro. A proba, organizada polo Club Ciclista Botafumeiro en colaboración co Concello de Santiago e un importante número de patrocinadores, servirá tamén este ano para homenaxear ao ciclista Ezequiel Mosquera.
CULTURA
Doce novos concertos na segunda parte da temporada do Compostela Rock
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou o programa do Compostela Rock para esta segunda parte do ano. Na primeira, de xaneiro a xullo, foron preto de 5.000 as persoas que asistiron aos 14 concertos celebrados, o cal consolida o ciclo como un dos máis seguidos polos composteláns.