ALCALDÍA
Jesús Precedo Lafuente e Manuel Sánchez Salorio recibirán o venres a Medalla de Ouro da cidade nun acto no Hostal
O Hostal dos Reis Católicos acollerá o vindeiro venres, 14 de setembro, a partir das 19:00 horas, o acto de entrega das Medallas de Ouro da Cidade ao oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e, a título póstumo, ao que fora coengo e deán emérito da Catedral, Jesús Precedo Lafuente. O outorgamento destas distincións fora aprobado, a proposta da Alcaldía, no Pleno da Corporación do 26 de xullo.
MEDIO RURAL
Case 600.000 euros para obras de reforzo de firme no rural compostelán
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, comunicou que xa se abriron as ofertas para adxudicar as obras do Plan de Obras e Servizos 2012 da Deputación da Coruña. Nesta ocasión, o Concello optou por dedicar o orzamento dispoñible integramente a obras de reforzo do firme no rural compostelán.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Concellería de Centros Socioculturais programa unha excursión de termalismo ao Balneario de Arnoia
A Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais programou, no marco do seu programa de saídas e excursións, unha actividade de termalismo no balneario Arnoia Caldaria (Ourense). O prazo de inscrición aínda estará aberto ata o 15 de setembro.
EDUCACIÓN
Amplíase o prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, deu conta da ampliación do prazo de matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores ata o sábado 15 de setembro. Ata o momento formalizáronse 215 matrículas.
EDUCACIÓN
Comeza o curso escolar 2012-2013 na Escola Municipal de Música
O mércores 12 de setembro iníciase un novo curso na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Neste exercidio 2012-2013 a EMM incrementa notablemente a súa matrícula, superando xa os 300 alumnos, aínda que non ten finalizado o período de matrícula, que seguirá aberto ata finais de mes.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta a Semana Cultural de Conxo
A Semana Cultural de Conxo alcanza xa a súa edición número 27. Ata o 15 de setembro, o barrio acollerá exposicións, cine ao aire libre, xogos, obradoiros, deporte, teatro, baile, animación á lectura, itinerarios pola cidade e ata a presentación dun libro.