ECONOMÍA
Santiago de Compostela desenvolverá un proxecto piloto pioneiro a nivel mundial para a loita contra a falsificación
A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, e o director xeral de DNET, Manuel Montes, presentaron un proxecto piloto pioneiro no mundo para a implantación dunha innovadora tecnoloxía anti-falsificación en empresas fabricantes e puntos de venda da cidade. Esta presentación fíxose na véspera do Día Mundial contra a Falsificación.
XUNTA DE GOBERNO
Vía libre á solicitude de licenzas para o solo residencial de Romero Donallo
A Xunta de Goberno aprobou definitivamente o proxecto de compensación do SUP-1 de Romero Donallo. Deste xeito, os promotores deste solo residencial privado poden xa comezar a solicitar as correspondentes licenzas para construír as 200 vivendas e demais espazos previstos.
DEPORTES
Festa do waterpolo alevín e benxamín na piscina municipal de Santa Isabel
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o campionato de waterpolo que acollerá a piscina de Santa Isabel en categoría alevín o sábado 9 de xuño. Participarán uns 90 rapaces e rapazas de oito clubs galegos.
CULTURA
Godoy debuta en Galicia con "Verás que todo es mentira" dentro do ciclo Falabaratos
O humorista uruguaio Godoy debuta en Galicia dentro do ciclo Falabaratos, monólogos, contos e outros shows co seu espectáculo Verás que todo es mentira. Será o venres 8 de xuño, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 12 € butaca, platea e primeira planta; 10 € na segunda planta; e 8 € no anfiteatro, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e en Novagaliciabanco Con Godoy péchase esta edición do ciclo, polo que pasaron xa no que vai de ano David Amor, Quico Cadaval, Sergio Pazos, Luis Piedrahita,.../em>
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello aforrará máis de 1.000 euros mensuais trasladando a actividade do local sociocultural de San Pedro ao CSC da Trisca
A Xunta de Goberno aprobou, a proposta do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, a non renovación a partir de xullo do alugueiro do local sociocultural situado na rúa das Fraguas, no barrio de San Pedro, que viña sendo utilizado habitualmente pola Asociación de Veciños A Xuntanza. A actividade trasladarase ao Centro Sociocultural da Trisca, de titularidade municipal, aforrando deste xeito máis de 1.000 euros ao mes.
EDUCACIÓN
Inaugurada na Galería Sargadelos a exposición "Un mundo de posibilidades"
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, inaugurou a exposición Un mundo de posibilidades, realizada a partir dos traballos dos nenos e nenas das escolas infantís municipais no marco do proxecto de arte do mesmo nome. A mostra estará aberta ata o 2 de xullo na Galería Sargadelos.