MEDIO RURAL
Os 31 grupos de desenvolvemento rural de Galicia debaten en Compostela sobre o horizonte 2014-2020
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, participou no acto inaugural do Congreso de Desenvolvemento Rural e Leader "Horizonte 2014-2020", que se celebra na Facultade de Xeografía e Historia.
ALCALDÍA
O alcalde comunícalles aos representantes veciñais de Meixonfrío o inminente comezo das obras na rúa das Mulas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse coa Asociación de Veciños Casa Agraria de Meixonfrío para falar das principais demandas do barrio. Unha delas, o arranxo da rúa das Mulas, está a piques de comezar.
BENESTAR SOCIAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC das Fontiñas incorpora un pioneiro servizo de teleasistencia xerontolóxica
O Centro Sociocultural de Fontiñas acolleu unha demostración práctica do funcionamento dun dispositivo de teleasistencia avanzada denominado Telexerontoloxía. O sistema, deseñado polo Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña (UDC), é absolutamente pioneiro e único en todo o mundo e xa se está probando en residencias e domicilios, como programa piloto, dentro do proxecto Envellecemento+Activo de Novas Prácticas Institucionais de Base Transfronteiriza, financiado a través...
XUNTA DE GOBERNO
O incremento da partida de bolsas comedor permitirá atender todas as solicitudes para alumnos de familias sen recursos
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o listado definitivo de beneficiarios das bolsas de comedor escolar, outorgadas pola Concellería de Benestar Social. Ademais, aprobouse o inicio do procedemento para contratar as obras previstas na rúa Virxe Branca (O Castiñeiriño) e no barrio de Vidán.
ALCALDÍA
Ángel Currás destaca a "audaz interpretación e ordenación" do espazo de San Clemente
O estudio de arquitectura compostelá Abalo Alonso Arquitectos presentou na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) a publicación Reurbanización do espazo público de San Clemente en Santiago de Compostela. A cita contou coa presenza do alcalde compostelán, Ángel Currás; do decano do COAG, Jorge Duarte; e dos arquitectos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso.
XUVENTUDE
Continúa o Curso de Iniciación ao Cómic organizado pola Concellería de Xuventude
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, visitou os obradoiros de banda deseñada que se están desenvolvendo en colaboración cos alumnos de Bacharelato Artístico.