ALCALDÍA
O alcalde salienta o papel do Camiño de Santiago na loita contra a exclusión social
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo alcalde de Assisi, Claudio Ricci, inaugurou a xornada Un Camiño de valores. Loita contra a pobreza e a exclusión social, no Palazzo Municipale de Assisi. Este mesmo día inaugurouse cun grande éxito a exposición "Santiago une a Europa". Acudiu numeroso público, entre os que estaban alumnos dos colexios de Assisi.
IGUALDADE
Un traballo sobre a transexualidade gaña o I Premio de Ensaio Xohana Torres
O estudo titulado Transféminas ou como deconstruír o corpo co martelo, de Iria Presedo Martínez fíxose co I Premio de Ensaio Xohana Torres. O nome da gañadora deuse a coñecer nun acto celebrado en Raxoi con motivo do Día Internacional da Muller, ao que acudiron as autoras dos cinco traballos presentados a esta convocatoria.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle unha mostra sobre "Solidaridad Obrera"
A Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3 – antiga estación de Cornes) acolle dende mañá martes, 9 de marzo, e ata o sábado 13, a exposición "1907-2009. 100 anos de imprensa anarco-sindicalista e obreira", organizada pola Confederación Nacional do Traballo CNT-AIT.
TURISMO
A exposición "Ao pé do lar" poderá visitarse ata o 21 de marzo no Museo do Pobo Galego
A mostra "Ao pé do lar",enmarcada nas actividades paralelas do Fórum Gastronómico Santiago 2010 como unha homenaxe a dous mil anos de historia de gastronomía galega, amplía en dúas semanas o seu prazo de apertura ao público dada a importante repercusión que está tendo.