BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN
CEIP Apóstolo Santiago, un modelo de convivencia e de educación en valores
Co fin de destapar falsos mitos e crezas, o CEIP Apóstolo Santiago organiza unha xornada de portas abertas o martes 9, de 10:00 a 14:00 horas. Será unha boa oportunidade para que os pais coñezan as instalacións, o persoal e as actividades deste centro pero, sobre todo, a súa exemplaridade como modelo de interculturalidad e de educación en valores.
ALCALDÍA
O Colexio de Médicos investirá 500.000 euros en remodelar a súa sede compostelá
A sede compostelá do Colexio de Médicos da Coruña recibiu a visita do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que puido coñecer de primeira man o proxecto de reforma das instalacións, situadas en San Pedro de Mezonzo. Ademais, asinou no libro de ouro da entidade.
ALCALDÍA
O Hostal dos Reis Católicos ofrece un paseo pola súa historia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o Parador Museo de Santiago de Compostela, acompañado pólo presidente de Paradores de Turismo, Miguel Martínez Fernández. Unha placa na fachada do hotel dá conta dende xa desta nova condición do Parador.
CULTURA
Sergi López, Teatro de la Abadía e o Centro Dramático Nacional na nova tempada de Teatro e Danza en Xira
Dende 2007, Teatro e Danza en Xira trae a Santiago as mellores compañías de artes escénicas da península e incluso de fóra. Esta ano a Concellería de Cultura e Centros Socioculturais programa un novo ciclo con seis representacións e once funcións que achegarán toda a diversidade do teatro contemporáneo: grandes producións, monólogos, a revisión de clásicos do século XX, obras experimentais e pezas a cabalo entre varios xéneros.
ALCALDÍA
O Concello irá solventando as demandas dos veciños de San Pedro sobre mobilidade no marco do Urbana Santiago Norte
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión con representantes da asociación veciñal "A Xuntanza", do barrio de San Pedro. No encontro tamén participaron a concelleira de Participación Cidadá, Lupe Rodríguez, e o concelleiro e Infraestruturas e Obras, Bernardino Rama.