EDUCACIÓN
A CiberCaixa de Roxos axuda a conciliar a vida familiar e laboral cun programa educativo e lúdico para os máis novos
O CEIP de Roxos-Villestro acolle a primeira CiberCaixa. Quedamos ao saír de clase, unha iniciativa de acollida para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que ofrece un contorno educativo non formal en horario extraescolar e en períodos de vacacións. Este proxecto, nacido da colaboración da Concellería de Educación coa Fundación "la Caixa", pretende axudar ás familias a conciliar a vida familiar e laboral.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa de viaxes e excursións da Rede de Centros Socioculturais visitará lugares relacionados co Camiño
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o responsable do programa, Modesto López de Sande, presentaron o programa de viaxes e excursións da Rede de Centros Socioculturais. Por sexto ano apóstase por organizar en rede estas actividades dirixidas a todos os públicos, nas que o ano pasado participaron máis de mil persoas.
CONSORCIO
O director e compositor Cristóbal Halffter celebra o seu 80 aniversario xunto á Real Filharmonía de Galicia
O mércores 24 de marzo, Cristóbal Halffter, un dos mellores directores e compositores españois actuais, cumpre 80 anos e faino sobre o escenario do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde este días prepara o concerto da temporada do xoves 25 coa Real Filharmonía de Galicia.
CONSORCIO
The Sixteen Choir & Orchestra inaugurará o Festival de Músicas Contemplativas coa "Misa en si menor" de Bach
Sete igrexas da cidade histórica de Santiago de Compostela xa están preparadas para acoller a próxima edición do Festival de Músicas Contemplativas. En total serán 15 concertos nos que se darán cita tradicións musicais de oriente e occidente, nunha sorte de diálogo cultural.
CULTURA
Curtocircuíto presenta un programa de curtas para colexios
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que organiza a Concellaría de Cultura, contará con tres programas de curtametraxes destinadas ao público infantil e xuvenil. O programa para público novo vense realizando dende hai 4 anos cun enorme interese por parte de colexios e institutos composteláns, que aproveitan o festival para que os máis novos tomen contacto co mundo das curtas.
EDUCACIÓN
O Premio Compostela de Álbum Ilustrado preséntase na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña
Kalandraka vai presentar o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado na 47ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que se celebra na cidade italiana. O acto celebrarase o xoves 24 e asistirán editores, axentes literarios, autores e ilustradores, tradutores e especialistas en literatura infantil e xuvenil de todo o mundo.