ALCALDÍA
O alcalde compostelán destaca a disposición do Concello de 38 millóns de euros para investimentos en 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi protagonista dun almorzo informativo no Hostal dos Reis Católicos no marco do Fórum Europa. Tribuna Galicia. No acto, presentado polo ex alcalde Xerardo Estevez, repasou diversos temas da actualidade de Santiago e Galicia.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Unha exposición recupera a "memoria gozosa" das Misións Pedagóxicas
O xoves 18, ás 20:00 horas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará na Casa das Asociacións a exposición As Misións Pedagóxicas 1931-1936. O acto servirá tamén para que os veciños de Compostela lle rendan unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo.
FESTAS
San Lázaro saíra por primeira vez en procesión na Festa da Uña
Os días 20, 21 e 22 celebrarase no barrio de San Lázaro unha nova edición da tradicional Festa da Uña. Un ano máis poderase degustar este manxar, puxar polas uñas e participar nun intenso programa festivo. A novidade deste ano é que, por primeira vez, San Lázaro sairá en procesión dende a igrexa ata a explanada da festa, a carón do estadio de fútbol.
CONSORCIO
A USC impúxolle a súa Medalla de Ouro ao Consorcio de Santiago
A USC impúxolle a súa máxima distinción, a Medalla de Ouro da Universidade, ao Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela nun acto que presidiu o reitor Senén Barro no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolleu esta distinción, que se lle concede a persoas ou entidades que sobresaen dun xeito extraordinario pola súa contribución ao sostemento ou ao cumprimento dos fins da institución universitaria.
MEDIO AMBIENTE
O Concello celebra os días da Árbore e da Auga cunha plantación na Selva Negra
A Selva Negra e os escolares do CEIP Raíña Fabiola serán os protagonistas da plantación que todos os anos organiza o Concello de Santiago para conmemorar o Día da Árbore e o Día da Auga. Así o anunciou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, na presentación das actividades que se realizarán neste 2010.
CONSORCIO
Un libro editado polo Consorcio recolle por primeira vez os fondos musicais do Seminario
Por primeira vez unha publicación fai inventario de todos os fondos documentais musicais que contén a actual Biblioteca de Estudos Teolóxicos de Galicia, situada no Seminario de San Martiño Pinario. Tratase de La música en el Seminario de Santiago, de Francisco Javier Fernández Places, obra editada polo Consorcio e que foi presentada polo alcalde e presidente do organismo, Xosé A. Sánchez Bugallo.