XUNTA DE GOBERNO
Vía libre ao comezo das obras en Fonte do Ouro e no Monte de Dios
O Goberno local adxudicou definitivamente as obras de rehabilitación da Fonte do Ouro na súa primeira fase, co obxectivo de que estean rematadas a finais de novembro. A Xunta de Goberno extraordinaria amén adxudicou provisionalmente as obras de rexeneración do Monte de Dios.
CULTURA
Os Dhoad Gypsies traen á meta do Camiño de Santiago a súa viaxe musical e espiritual dende o Rajastán
O Festival dos Abrazos trae á praza da Quintana a música e a arte do deserto do Rajastán, ao noroeste da India, terra que segundo asegura o director dos Dhoad, o músico Rahis Bharti, "foi reino dos emperadores e dos maharajás e das súas cortes".
TURISMO E CULTURA
Comeza a rodaxe da curta gañadora de Compostela Plató
Os días 27, 28 e 29 de agosto terá lugar a rodaxe da curtametraxe La princesa Alegría. Esta produción nace no marco da sección Compostela Plató do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo e a Concellaría de Cultura.