CULTURA
Cámara Negra xulga o "Brand" de Ibsen cos ollos do século XXI
A compañía teatral Cámara Negra escolleu o Teatro Principal para estrear o seu novo traballo, Brand, unha versión libre da peza teatral de Henrik Ibsen. Dúas oportunidades, o 12 e o 13 de marzo, para ser testemuña da austera e experimental proposta escénica desta compañía.
CULTURA
A Zona C acolle a mostra "Estrutura binaria", da artista compostelá Marga Crespo
O mércores 12 de marzo, ás 20.00 horas, na Zona "C", inaugurarase a exposición da artista compostelá Marga Crespo, que leva por título Estrutura binaria.
MULLER
Un traballo sobre as mulleres do campo na Galicia moderna gaña o Premio Xohana Torres
Serrana Mercedes Rial García recibiu de mans do alcalde o premio como gañadora da XVI edición do Premio de investigación Xohana Torres, polo seu traballo Desde o campo e o mar ata o tear e o fogar a invisibilidade rómpese en mil anacos. As mulleres do campo na Galicia da Época Moderna. A esta edición do certame presentáronse tres investigacións.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E MEDIO AMBIENTE
Listo para abrir ao publico o primeiro tramo rehabilitado das marxes do Sarela
O 14 de marzo ábrese ao público o primeiro tramo das marxes do río Sarela rehabilitado polos 60 alumnos do Obradoiro de Emprego Compostela Natural, que desenvolven a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel. A primeira fase das obras corresponde á rexeneración do cauce e apertura dun paseo á beira do río de 400 metros de longo por 1,35 de ancho, entre a igrexa do Carme de Abaixo e Rueiro de Figueiriñas. Ponse así en valor as...
COMERCIO
Comenzan as actividades de animacion na rúa de "Marzo, mes do comercio"
O mércores, 12 de marzo, comenzan as actividades de animación na rúa con malabares e zancudos que se desenvolverán no marco de Marzo, mes do comercio, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Durante as catro representacións está previsto repartir 4.000 folletos informativos explicando o conxunto de accións deseñadas baixo este lema co obxectivo de dinamizar o sector comercial e darlle ao comercio o protagonismo que lle corresponde na vida económica e social de...