CULTURA

Varios artistas composteláns seguen a participar en Cuba no evento "Os Camiños de Santiago"

13/11/2006

A Sala Dolores, cuarta sala con mellor acústica do mundo, foi o lugar elixido polos músicos de Narf para presentar o seu traballo en Cuba. Os sons da guitarra de Marcos Teira, a voz e a guitarra de Fran Pérez e a percusión de Pepe Sendón soaron mellor que nunca nunca nunha sala chea de santiagueros que gozaron da música galega. Este concerto enmárcase dentro do evento "Os Camiños de Santiago" que a Concellaría de Cultura está a celebrar na cidade de Santiago de Cuba e que vai xa pola súa terceira...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Plan de Excelencia Comarcal promoverá un comercio competitivo e de calidade

13/11/2006

O presidente da Comisión de Promoción Económica, Emprego e Turismo da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar, e o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias asinaron un convenio de colaboración para financiar a execución do Plan de Excelencia Comercial. O orzamento do proxecto ascende a 289.022 euros, 146.238 aportados polo Concello e o resto pola Deputación. Ao marxe dos servizos e accións incluídos no Plan, a Concellaría destina case 100.000 euros máis...

Leer más

ALCALDÍA

Toma de posesión dos novos bombeiros

13/11/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a toma de posesión dun novo grupo de bombeiros. Despois do seu período de prácticas, incorpóranse ao seu posto no Servizo Municipal de Bombeiros.

Leer más

EDUCACIÓN

Os alumnos do CEIP López Ferreiro disfrutan das reformas do centro

13/11/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, realizaron unha visita ao Colexio López Ferreiro, despois da reforma integral do centro. En total actuouse sobre 4.142 metros cadrados de superficie, cun custo de 1.588.474, 45.

Leer más
Compartir: