ALCALDÍA
O Concello e os promotores do centro comercial das Cancelas asinan un convenio para mellorar a mobilidade no entorno
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa; o director xeral de Realia, Íñigo Aldaz; e o director xeral de Carrefour Property España, Justo Martín, asinaron o convenio entre o Concello e a entidade promotora As Cancelas Século XXI SL para a execución de melloras de tráfico rodado nas inmediacións do centro comercial das Cancelas. Tras o acto de sinatura, visitaron as obras do túnel a carón desta superficie.
BENESTAR SOCIAL
Unha exposición amosa á mocidade as consecuencias do consumo de cannabis
A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, inaugurou no Colexio Peleteiro a exposición "Sinais de fume", sobre a prevención do consumo de cannabis. Esta mostra forma parte do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Os concellos de Santiago, Ames, Rois e Teo poñen en marcha unha liga de debate entre os escolares de secundaria
Os concellos de Santiago, Ames e Teo traballan na posta en marcha dunha liga de debate dirixida aos escolares de educación secundaria e que contará con fases local, comarcal e galega. Con este Club de Debate, que comezará a funcionar de xeito inmediato, trátase de incentivar entre os máis novos/as o emprego da lingua, traballar a fluidez comunicativa a través da oratoria, ademais de incitar o pensamento crítico e a tolerancia.
CULTURA
Aberto o prazo para participar no Concurso de Carteis da IX edición de Curtocircuíto
A concellería de Cultura convoca de novo un concurso para a realización do cartel da IX Edición do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. O concurso ten como fin estimular a creatividade dos artistas participantes e fomentar a difusión do certame cinematográfico que terá lugar en Santiago de Compostela, do 3 ao 11 de maio 2012. Todos os que queiran participar teñen ata as 14:00 horas do o 23 de marzo para enviar propostas. O gañador levará un premio de 500 euros.
DEPORTES
Arranxadas as pistas de tenis de San Caetano
A Concellería de Deportes vén de reparar as pistas de tenis ao aire libre de San Caetano, na rúa Rodríguez de Viguri. O titular do Departamento, Adrián Varela, comprobou o estado no que quedou o recinto unha vez arranxado.
XUVENTUDE
Santiago acollerá un descenso en BMX polo casco histórico o 19 de maio
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou a programación para a mocidade compostelá do primeiro semestre do ano. As principais novidades son un curso de primeiros auxilios, un campamento multiaventura en Portugal e un descenso en BMX polo casco histórico.
CULTURA
Seis monologuistas no novo ciclo da Concellería de Cultura: "Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows"
O director-xerente do Auditorio de Galicia presentou un novo ciclo da Concellería de Cultura: Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows. Dentro deste ciclo seis monologuistas de primeira liña ofrecerán os seus últimos espectáculos no Teatro Principal: David Amor, Quico Cadaval, Sergio Pazos, Leo Bassi, Luis Piedrahita e Godoy. As citas con estes humoristas serán de febreiro a xuño, sempre no Teatro Principal, ás 21:00 horas.
DEPORTES
Avanzan os preparativos do partido de fútbol feminino entre España e Austria
Os preparativos para a cita co fútbol internacional feminino que terá lugar o 15 de febreiro no Estadio Municipal de San Lázaro continúan a bo ritmo. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, desprazouse na tarde do luns á Delegación Local de Fútbol para asistir a unha xuntanza coa Comisión de Fútbol Feminino da Federación Galega de Fútbol, na que se avanzaron cuestión operativas e organizativas en relación ao encontro entre España e Austria.
TURISMO
Santiago participa en Bruxelas nun seminario sobre o mercado turístico ruso
Turismo de Santiago asistiu en Bruxelas ao seminario Russia, Intelligent Tourism, organizado pola Cámara de Comercio Ruso-Británica e a European Tour Operators Association (ETOA), que dende 1989 representa a turoperadores, axentes de viaxe, cadeas hoteleiras, oficinas de turismo e outros provedores turísticos fronte as autoridades políticas do continente.
EXPOSICIÓN
Recuperadas as dúas esculturas roubadas da exposición Lalín Pork Art
As dúas esculturas da exposición Lalín Pork Art que desapareceran na madrugada do 3 ao 4 de febreiro xa apareceron. As pezas xa están nas dependencias da Policía Local e do Departamento de Parques e Xardíns.