CULTURA

Adxudicada a redacción do proxecto da Casa das Máquinas

03/12/2007

A empresa Taller 8 Arquitectos será a encargada de redactar o proxecto básico e de seguridade das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas, en Galeras. Así o decidiu a Xunta de Goberno, que adxudicou esta asistencia técnica por un importe de 29.900 euros.

Leer más

TRANSPORTES E MEDIO AMBIENTE

O INEGA colaborará co Concello no plan de potenciación do uso da bicicleta

03/12/2007

O Concello e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) formalizarán un convenio para a promoción e potenciación do uso da bicicleta como medio de transporte urbano. A entidade autonómica achegará 140.000 euros, que sen investirán en bicicletas, estacións aparcabicis, obra civil e demais instalacións necesarias para a posta en marcha do servizo, incluída a publicidade.

Leer más

ALCALDÍA

Compostela amosou a súa repulsa ao terrorismo

02/12/2007

Os composteláns quixeron amosar a súa repulsa ao terrorismo tralo atentado acontecido no sur de Francia. Así, a praza do Obradoiro acolleu un sentido minuto de silencio en lembranza de Raul Centeno, o garda civil falecido, e do seu compañeiro ferido de gravidade, Fernando Trapero.

Leer más

CULTURA

Jane Birkin tivo unha cita con Compostela

01/12/2007

Jane Birkin recibiu o Premio Cineuropa nun acto celebrado no Salón Nobre da Casa do Concello. É o terceiro dos galardóns que se outorga nesta edición do Festival e un broche de ouro para outra exitosa convocatoria. Horas despois, a actriz, directora e cantante ofreceu un concerto que pechou un novo ciclo de Sons da Diversidade.

Leer más

VIVENDA

O desenvolvemento do sur da cidade irá acompañado dun novo centro de saúde e dun complexo polideportivo

01/12/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o novo polígono Sup-6 de Santa Marta, onde se están a construír 821 vivendas libres. As primeiras destas vivendas serán en breve entregadas aos seus novos propietarios. Ademais, aproveitou o acto para anunciar que nesta lexislatura a zona sur contará cun novo centro de saúde e cun complexo polideportivo.

Leer más
Compartir: