CULTURA

Exposición da obra máis recente de Antonio Murado

09/02/2007

O Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18) acollerá ata o 7 de abril unha exposición dedicada á obra máis recente de Antonio Murado. A mostra foi inaugurada nun acto ao que asistiron, entre outros, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ou concelleiro de Cultura, Néstor Rego.

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico acada o compromiso da Xunta e do goberno portugués para finalizar o AVE Vigo-Porto no 2013

09/02/2007

O presidente do Eixo, Xosé A. Sánchez Bugallo valora positivamente o compromiso e apela ao esforzo común para poñer en marcha os tramos que aínda non están licitados. Durante a XXIII Asamblea, a institución aprobou a Declaración de Gaia e converteuse nunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), a fórmula aconsellada pola UE.

Leer más

INFRAESTRUTURAS

O alcalde constata a boa disposición do ADIF respecto ao proxecto da estación do AVE

08/02/2007

Xosé A. Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción polo resultado da reunión mantida en Madrid, o luns 5 de febreiro, con representantes do Ministerio de Fomento, do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e de Política Territorial. O alcalde destacou que "estamos no bo camiño", xa que por primeira vez, o ADIF amosouse disposto abandonar o seu proxecto inicial de construír un gran centro comercial enriba da futura nova estación do AVE.

Leer más

URBANISMO

Medio Ambiente remite o seu informe respecto o PXOM

08/02/2007

A Consellería de Medio Ambiente remitirá o venres 9 o seu informe sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Santiago. Polas informacións que afirmou ter o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o pronunciamento será positivo e o departamento autonómico unicamente pedirá algunha aclaración.

Leer más
Compartir: