TURISMO
Nova aplicación para o Camiño de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiron no Hostal dos Reis Católicos ao acto de presentación dunha nova aplicación para o Camiño de Santiago, nada da colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a Xunta de Galicia para impulsar o Camiño como Destino Turístico Intelixente. No acto de presentación interviñeron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego; e o presidente de Segittur,...
CULTURA
Rosario Pardo, Carmen Gutiérrez e Marta Megías representarán en Compostela "El gran día de la madre"
El gran día de la madre, comedia de Chascas & Quintanilla, estará en Compostela o vindeiro 21 de febreiro dentro do ciclo Teatro & Danza. Será ás 21:00 horas no Auditorio Novagalicia Banco. Esta comedia, dirixida por Julián Quintanilla, está protagonizada por Rosario Pardo, Carmen Gutiérrez e Marta Megías.
TURISMO
O Concello continúa promocionando a chegada de turismo xaponés
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuníronse con Kotaro Kogi, presidente da compañía Global Youth Bureau, unha das firmas máis innovadoras de cara á touroperación xaponesa. Acudiu á cita acompañado por Yasuo Taniguchi, de Mikami Travel, un dos principais touroperadores do mercado xaponés especializado en España.
COMERCIO
Rematan as reunións informativas sobre as axudas para reforma de locais e implantación das TICs no ámbito do Urbana
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, asistiu no Centro Sociocultural da Trisca á última reunión informativa sobre as axudas para a reforma de locais de negocio e implantación de tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) no ámbito do programa Urbana Santiago Norte. O 28 de febreiro remata o prazo de solicitude destas subvencións.
ALCALDÍA
O alcalde lamenta a ocupación da Sala Yago
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, lamenta a ocupación, de novo, dun espazo privado no Casco Histórico, pero lembra que neste momento non ten uso cultural a pesar dos numerosos intentos por conseguir recuperar ese espazo que foron infrutuosos. Por este motivo se chegou a un acordo de cesión con Novagaliciabanco do edificio do Preguntoiro.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello abre un prazo de preinscrición nos cursos de lingua galega (CELGA)
Seguindo as indicacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Santiago abre un prazo de preinscrición en cursos de lingua galega (CELGA) co fin de recoller a demanda existente nesta localidade e trasladala a este organismo da Xunta de Galicia.
CULTURA
Luis Iglesia e Xabier Deive chegan a Compostela con "Sede de mal", teatro de calidade con música en directo
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a nova proposta do ciclo Teatro & Danza, Sede de mal. Fíxoo acompañado dos seus dous protagonistas, Xabier Deive e Luis Iglesia, que estarán con esta obra este xoves 13 e o venres 14, no Teatro Principal, a partir das 21:00 horas.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela organiza en febreiro o videoforum: "STOP! Rodando o cambio"
Dentro do marco de actividades organizadas polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) para este trimestre, e coa temática do decrecemento e as iniciativas individuais e colectivas que están a xurdir nesta corrente, realizarase o videoforum: STOP! Rodando o cambio, que tenta amosarnos distintas iniciativas e modos de vida, máis responsables e respectuosos co medio ambiente. Esta actividade terá lugar o día 15 de febreiro nas instalacións do CIAC.
FESTAS
Continúa aberto o prazo de inscrición no desfile-concurso do martes de Antroido
Ata o 3 de marzo estará aberto o prazo para inscribirse e participar no desfile-concurso do Antroido 2014, que terá lugar o martes 4 de marzo. Repartiranse 12.220 euros en premios.
PROGRAMA DIDÁCTICO
A Banda Municipal e Odaiko Percussion Group realizaron un percorrido didáctico polos ritmos da xeografía española
A Banda Municipal de Santiago, en colaboración co grupo de percusión Odaiko, realizou catro concertos didácticos para escolares baixo o título Vaia banda!.