ALCALDÍA

Compostela, un modelo urbano para Santiago de Cuba

14/01/2008

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao conservador oficial de Santiago de Cuba, Omar López, de visita en Compostela para pronunciar unha conferencia. Na xuntanza, falaron de rehabilitación e asentaron uns vínculos xa antigos entre as dúas cidades.

Leer más

CULTURA

Cultura presenta a xira "De cerca... Chenoa" no Teatro Principal

14/01/2008

A xira "De cerca... Chenoa" fará unha parada no Teatro Principal o luns 21 de xaneiro, ás 21:00 horas. Será un encontro especial, organizado pola concellaría de Cultura en colaboración con Cadena 100. As entradas para acceder de balde, con convite, poderanse recoller nas taquillas do Principal a partir do xoves 17, pola tarde.

Leer más

TURISMO

O Forum Gastronómico Santiago 08 busca a mellor pulpería galega

14/01/2008

Co obxectivo incentivar e premiar os coñecementos e habilidades das pulpeiras e pulpeiros profesionais de Galicia na elaboración e servizo do Polbo á Feira, Forum Gastronómico e INCOLSA convocan o I Concurso de Pulpeiras Fórum Gastronómico Santiago. O certame é un dos actos previstos dentro do programa de actividades do evento, que se celebrará en Compostela do 16 ao 20 de febreiro.

Leer más

URBANISMO

A cidade abrirase cara o norte con case 2.200 novas vivendas na Pulleira

11/01/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que Xunta de Goberno do luns 14 aprobará inicialmente o Plan parcial residencial do SUD-4 da Pulleira, onde se construirán 2.181 viviendas. Trátase dun auténtico novo barrio no norte da cidade no que, segundo as previsións municipais, vivirán en torno a 6.500 persoas.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio inicia o deseño do Sistema de Información Patrimonial

10/01/2008

O deseño do Sistema de Información Patrimonial que se aplicará á Cidade Histórica de Santiago xa está en marcha. Ademais, grupos de técnicos, ao servizo do Consorcio, visitarán as vivendas e locais coa finalidade de actualizar a información física e urbanística da Cidade Histórica de Santiago.

Leer más

DEPORTES

Tempo para aprender a patinar sobre xeo

09/01/2008

O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou a Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo. Desenvolverase do 10 ao 22 de xaneiro, en horario de mañá, na pista de xeo instalada no recinto feiral de Amio.

Leer más
Compartir: