XUNTA DE GOBERNO
Visto bo á rehabilitación do antigo curtidoiro de Belvís como catalizador cultural
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto e iniciou o expediente para contratar as obras de rehabilitación do edificio destinado a catalizador cultural no parque de Belvís, incluído no programa Urbana Santiago Norte. Tamén se procedeu a revisar os prezos do Servizo de Axuda ao Fogar e deuse o visto bo ás obras de consolidación de muros no palacete da Finca do Espiño.
CONSORCIO
A Catedral de Santiago conmemora o seu oitavo centenario cun amplo programa en torno á cultura e o patrimonio
O 21 de abril de 1211 o bispo Pedro Muñiz consagraba solemnemente a catedral románica dedicada ao Apóstolo Santiago. Hoxe, 800 anos despois, a conmemoración deste aniversario celébrase cun programa cultural e de rehabilitación que pon en valor a enorme riqueza do patrimonio histórico e artístico de Compostela e da súa Catedral, meta do Camiño de Santiago, auténtico eixo da evolución da cultura, a arte e o pensamento na Europa medieval.
ALCALDÍA
Celébrase en Bruxelas a xornada final do proxecto europeo de vivenda social SUITE liderado por Santiago de Compostela
O encontro terá lugar ao longo de toda a xornada do mércores 16 de abril no edificio da Representación Española en Bruxelas. A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, será a encargada de abrir e presidir a sesión de traballo, en representación da cidade de Santiago, que vén actuando como xefe de fila dende o comezo do proxecto.
CULTURA
SCQ Danza acolle o primeiro traballo da compañía de Nuria Sotelo
O ciclo SCQ Danza, que organiza a concellaría de Cultura, ten unha nova cita no calendario o xoves 17 de marzo. Nesta ocasión, ademais, trátase do primeiro traballo dunha compañía galega: a Compañía Nuria Sotelo, que presenta o seu traballo, Métanse nos seus asuntos. É o terceiro dos sete espectáculos que a Concellaría ofrece este semestre dentro do programa SCQ Danza, dedicado á danza contemporánea.
CONSUMO
Unha nova guía da OMIC informa aos consumidores sobre os seus dereitos en materia de seguros persoais
O concelleiro de Sanidade e Consumo, Andrés Fariña, presentou unha nova guía de seguros con motivo do Día Mundial do Consumidor, que se celebra o martes 15 de marzo. Nesta ocasión a guía céntrase nos seguros de persoas: vida, accidentes, enfermidade, asistencia sanitaria, asistencia en viaxe e xubilación.
CULTURA
Celébrase o 50 aniversario da Agrupación Cultural O Galo cunha exposición
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a exposición conmemorativa dos 50 anos da Agrupación Cultural O Galo, que se inaugura o martes 15. Fíxoo acompañada do presidente do Galo, Óscar Fernández Refoxo, e do presidente da Fundación 10 de Marzo, Ricardo Gurriarán. A mostra estará aberta ata o 19 de abril no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo) en horario de 18:30 a 21:00 horas.
ALCALDÍA
Recoñecemento a un novo éxito do Lobelle
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os xogadores, adestradores e directivos do Xacobeo Lobelle. O equipo vén de facerse coa Copa Xunta de Fútbol Sala.
TURISMO
Santiago promociónase en Alemaña co resto de Cidades Patrimonio de España
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España comezou unha xira por diversas cidades alemás, invitado polo touroperador FTI e co apoio de Turespaña, onde terá a posibilidade de presentar toda a súa oferta turística e cultural a arredor de 500 axentes alemáns. Nesta ocasión, o Grupo asiste como único destino invitado, xunto a compañías aéreas como Air Berlín e Condor e cadeas hoteleiras como H10, Iberostar, Sol Melia ou Viva Vanity. O percorrido inclúe importantes cidades como Dresden,...
XUVENTUDE
Os alumnos do obradoiro de iniciación ao documental organizado pola Concellería de Xuventude presentan os seus traballos
O martes 15 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, terá lugar a presentación dos dous documentais realizados polos alumnos do Curso de Iniciación ao Documental, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Santiago e impartido por Mr. Misto Films.
EDUCACIÓN
Contos para todos, obradoiros, exposicións e encontros con creadores na XI Campaña Municipal de Animación á Lectura
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, acompañada polo xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros, inaugurou a XI Campaña de Animación á Lectura. Ata o 30 de abril estará en marcha un amplo programa de contacontos, obradoiros de ilustración e de escrita creativa, actividades formativas, encontros nas escolas infantís, sesións de contos para bebés, contos con música e exposicións.