ALCALDÍA
O alcalde, convidado a participar nos actos de clausura dos 25 anos do IES Xelmírez II
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o director do IES Xelmírez II, José Luis Martín Iglesias, con motivo da clausura do ciclo de actividades organizadas polo centro para conmemorar o seu XXV Aniversario.
CULTURA
A Banda Municipal segue a diversificar o seu repertorio na busca de novos públicos
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a programación da Banda Municipal de Música ata maio de 2011, na que se continúa co labor de ampliación e diversificación do seu repertorio de cara a achegarse a novos públicos. Na rolda estivo acompañada polo director da Banda, Carlos Seráns, que afirmou que o público da agrupación "é moi estable e de certa idade, polo que temos a obriga de tentar achegar a xente máis nova".
ALCALDÍA
Santiago de Compostela súmase aos actos do Día Mundial da Diabete
Como cada 14 de novembro, celebrouse o Día Mundial da Diabete. Con este motivo, a Asociación Compostelá de Diabéticos instalou na praza do Toural unha carpa informativa, onde tamén se podía realizar probas de control do azucre no sangue.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo cualifica a visita do Papa Bieito XVI de "día histórico" e destaca a súa proxección internacional
Pasados uns días dende a visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou de "día histórico" para a cidade o 6 de novembro. En especial, destacou a proxección internacional que tivo o evento, tanto polas cifras televisivas como polas mensaxes "extraordinariamente laudatorias" recibidas.
ALCALDÍA
O alcalde e a nova xerente da Fundación Cidade da Cultura falan dos últimos detalles antes da inauguración do complexo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a nova xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, mantiveron unha reunión en Raxoi.
ALCALDÍA
Agradecemento ao labor dos traballadores municipais e das empresas concesionarias na visita de Bieito XVI a Santiago
Pasados xa uns días dende a visita a Santiago do Papa Bieito XVI, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quixo agradecer aos empregados municipais e aos das empresas concesionarias o seu traballo con motivo deste acontecemento.
CULTURA
Fin de semana de Cineuropa coas propostas máis anovadoras do novo cinema galego
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou en rolda de prensa a programación desta fin de semana en Cineuropa, que centra boa parte da atención no cinema galego, con 26 filmes -a maioría, curtametraxes- de novos autores, como son David Castro, Xurxo González, Marcos Nine, Víctor Hugo Seoane, Manu Mayo, Lara Bacelo, Ángel Agudo e Lois Patiño. Catro deles -Seoane, Nine, Mayo e Patiño- falaron na rolda dos seus traballos, xunto con Martin Pawley, coordinador da sección En...
MEDIO AMBIENTE
Monte de Deus recupérase para o uso veciñal e terá un miradoiro a 375 metros de altura
Nos próximos días iniciaranse as obras da fase II de Monte de Deus, que se executarán sobre unha parcela de 24.000 metros cadrados situada na parte superior á zona xa acondicionada anteriormente. A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, explicou aos medios de comunicación en que van consistir estes novos traballos, que se desenvolverán nun prazo de dous meses "se as condicións ambientais non o impiden".
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Homenaxe veciñal a Luís Pasín, Concepción Rozas e Xosé Mª Juncal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu na Casa das Asociacións o acto de homenaxe a tres persoas relacionadas co movemento veciñal: Luís Pasín, Concepción Rozas e Xosé Mª Juncal. Logo, veciños e homenaxeados compartiron unha cea.
CONSORCIO
As obras da nova sede do Museo de Historia Natural entran na fase final
En outubro de 2009 colocábase a primeira pedra da nova sede do Museo de Historia Natural "Luís Iglesias", edificio deseñado polo arquitecto César Portela e que compartirá espazo, no interior da Finca de Vista Alegre, con outros equipamentos culturais e universitarios como a Casa de Europa, a Escola de Altos Estudos Musicais, o Centro de Estudos Avanzados e o edificio da Sociedade Xeral de Autores. Agora, entrados xa na fase final, estímase que as obras de construción rematen no primeiro trimestre do próximo ano. O alcalde...