OBRAS
Reunión no Ensanche para informar os veciños da reforma do Parque de Ramírez
O Parque de Ramírez converterase nun espazo versátil, funcional e máis seguro, este é o obxectivo do Concello de Santiago, que informou os veciños da zona sobre as reformas que se van a acometer nesta área, nunha reunión informativa que tivo lugar no Centro Sociocultural do Ensanche e na que estivo presente a concelleira de Obras, María Castelao.
EMPREGO
A segunda edición da Feira Internacional de Emprego abriu as súas portas cunha oferta de 405 postos de traballo
O alcalde, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, inauguraron a II Feira Internacional do Emprego, que se celebrará ata o venres 20 no complexo do Multiusos Fontes do Sar e que se configura como o punto de encontro entre empresas e profesionais na busca de traballo, baixo a organización do Concello de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a revisión das tarifas dos aparcadoiros públicos para 2012
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou a revisión de tarifas de varios estacionamentos públicos para o ano 2012. Ademais, fixouse o prezo público das entradas ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.
DEPORTES
O Campionato Galego de Fondo en Estrada renova a aposta pola avenida de Juan Carlos I como fin de carreira
O sábado 21 de xullo, Santiago acolle a celebración do Campionato Galego de Fondo en Estrada nas categorías cadete, júnior e féminas. A competición, organizada polo Club Ciclista Compostelano e a Federación Galega de Ciclismo, co patrocinio do Concello, está incluída no programa das Festas do Apóstolo.
EDUCACIÓN
O servizo subvencionado de comedores escolares permitirá ofrecer os xantares a 5,06 euros e os almorzos a 2,04 euros
Unha Xunta de Goberno extraordinaria celebrada o martes 17 iniciou o procedemento aberto de contratación do servizo de comedores para nove centros da cidade. Así o indicou a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, quen apuntou que o importe máximo do servizo reflectido no prego alcanza os 628.398 euros.
FESTAS
Comezan as Festas do Apóstolo co pregón de Moncho Fernández e algunha outra sorpresa
O compostelán Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro CAB, abrirá mañá venres co seu pregón unha nova edición das Festas do Apóstolo, que se prolongarán ata o 31 de xullo. Comezan así doce días cheos de actividades e propostas para todos os públicos.
OBRAS
As obras de urbanización do polígono 4 das Fontiñas rematarán a principios de outono
A concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, visitou este mércores o estado das obras no polígono 4 do barrio das Fontiñas, que rematarán a principios de outono e que dotarán á área Concheiros/Fontiñas de 28.000 metros cadrados de zona verde.
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo recuperan a queima da fachada gótica virtual
Os Fogos do Apóstolo recuperan este ano a queima da fachada gótica virtual e introducen a figura do actor galego Samuel Blanco no papel de Paio, descubridor da tumba, que será o encargado de narrar a historia a través do personaxe proxectado sobre a Catedral, segundo explicou Javier Sánchez, directivo da empresa, quen engadiu que é a primeira vez que se incorpora unha voz que se dirixe ao público. Así, este falará do sacrificio, penitencia e perdón para explicar a dureza do Camiño. O concelleiro Francisco Noya, fixo...
FESTAS
O Concello achega á cidade a celebración do traxe galego nas Festas do Apóstolo 2012
O consistorio achega aos composteláns unha programación especial que saca á rúa a vestimenta tradicional de Galicia ao longo dunha xornada festiva que cumple a súa XXXIV edición e que terá lugar o vindeiro domingo 22 de xullo.
MOBILIDADE
Inicio do prazo de recollida de tarxetas de aparcamento de residentes para os veciños dos barrios de Vite e Guadalupe
O Departamento de Tráfico informa que dende o mércores 18 de xullo os veciños da zona 2 Vite-Guadalupe que dispoñan da tarxeta de aparcadoiro de residente de zona verde, deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substitúe á anterior.