PROMOCIÓN ECONÓMICA
Constituídos os subgrupos de traballo do proxecto WEED
O Grupo de Apoio Local do Proxecto europeo WEED (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local), desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, un encontro no Auditorio de Galicia no que se constituíron tres subgrupos de traballo, estableceuse un calendario de reunións e deuse conta do desenvolvemento da solicitude do proxecto.
FESTAS
O Ciclo Importa traerá a Santiago a grupos de pop-rock de renome internacional
Un concerto de dEUS o 23 de outubro e outro de Gogol Bordello o 11 de decembro son os primeiros confirmados no marco do Ciclo Importa. Esta iniciativa traerá a Compostela a grupos de renome internacional nos meses de outono-inverno. Os concertos celebraranse na Sala Capitol.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudícase a redacción dos proxectos para a reurbanización dos accesos á cidade
A Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente a redacción dos proxectos de reurbanización dos contornos urbanos da cidade de acceso á cidade. Os tramos que se reformarán, que forman parte do chamado convenio de travesías asinado coa Consellería de Política Territorial son: dende a avenida de Castelao ata a Ponte do Romaño, a avenida de Castelao, a rúa Galeras-Salvadas-Vista Alegre ata o cruce coa avenida de Castelao, Rosalía de Castro dende Romero Donallo-Santa Marta-Choupana-Volta do Castro, e o tramo Fonte dos...
XUNTA DE GOBERNO
Marcial Villamor Varela dá nome a unha nova praza preto do que fora o seu domicilio
O Goberno local aprobou nomear como praza Marcial Villamor Varela a confluencia da rúa do Olvido coa rúa Castrón D’ouro. Este nome é un dos 69 aprobados polo Pleno o 21 de novembro para designar as novas rúas e prazas da cidade.
ALCALDÍA
En quince días o Concello terá unha proposta de convenio do Ministerio de Fomento para a nova estación de ferrocarril
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, saíu "razoablemente satisfeito" da xuntanza celebrada en Madrid para avanzar no convenio para a construción da nova Estación Intermodal de Ferrocarril á que deberá chegar o AVE. Na sede da Dirección Xeral de Ferrocarrís, á Comisión Técnica de Seguimento para a integración do ferrocarril en Santiago, ademais do alcalde asistiron a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e técnicos do seu departamento. Por parte do Ministerio de Fomento,...
COMERCIO
O Plan de Asesoramento ao Comercio detectará as necesidades do sector a través de máis de 200 entrevistas
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o director territorial de Caixa Galicia en Santiago, Juan Carlos Carneiro Caneda, presentaron o Plan de Asesoramento ao Comercio, cofinanciado pola Fundación Caixa Galicia. Este plan, integrado dentro dos servizos que Promoción Económica presta ás empresas en xeral, ten como obxectivo contribuír á modernización e dinamización do sector comercial compostelá, co obxectivo de facelo máis competitivo.
MEDIO AMBIENTE
Case un cento de inscritos no Foro sobre as Vías Verdes
A Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel organiza o mércores 22 o Foro de Iniciativas e Experiencias en Vías Verdes, que se celebrará durante toda a xornada no Auditorio de Galicia. Finalmente son case un cento os inscritos cun perfil moi variado: alumnado universitario, membros de diferentes administracións locais, persoal da administración galega, empresariado, enxeñeiros,... que chegarán desde diferentes puntos de Galicia e mesmo de fóra.
CULTURA
Eleccións ao Consello de Compostela Cultura
O martes 21 e o mércores 22 de outubro, a Concellaría de Cultura organiza as eleccións para elixir os representantes das entidades que estarán representadas no Consello de Compostela Cultura. As candidaturas presentadas, na altura, e o censo electoral poden ser consultados nas webs santiagodecompostela.gal e compostelacultura.org.
VÍAS VERDES
Os concellos de Santiago, Oroso e Ordes asinan o protocolo para a xestión da Corredoira Verde a Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o rexedor de Oroso, Manuel Mirás; e o concelleiro de Medio Ambiente de Ordes e primeiro tenente de alcalde deste municipio, Xesús Pedreira, asinaron no Pazo de Raxoi o protocolo para a creación, xestión, explotación e mantemento da Corredoira Verde a Compostela. No acto tamén estiveron presentes os concelleiros de Medio Ambiente de Santiago, Elvira Cienfuegos, e de Oroso, Xosé Pérez.
TURISMO
O Mercado Internacional de Curtametraxes ofrece un catálogo de 2.648 filmes de 93 países
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a III edición do Mercado Internacional de Curtametraxes, que se desenvolve dentro das actividades do Festival de Curtametraxes de Santiago de Compostela. Celebrarase do 20 ao 24 de outubro no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e na Fundación Caixa Galicia.