PREMIO DE EUROPA
O Concello organiza unha recepción cidadá con motivo do 20 aniversario da concesión do Premio de Europa a Santiago
A Casa do Concello recibiu, con motivo da conmemoración do 20 aniversario da concesión do Premio de Europa a Santiago, a unha representación cidadá.
EDUCACIÓN
A Alameda atraerá con actividades lúdicas e de lecer aos nenos composteláns
Os nenos e nenas de Santiago de entre 2 e 14 anos terán, un ano máis, a oportunidade de coñecer a Alameda e atopar en cada un dos seus recunchos un espazo novo para xogar, aprender, coñecer outros rapaces e imaxinar. Do 13 ao 29 de xullo e de luns a venres de 17 a 20 horas, o Programa Ferradura Aberta organiza obradoiros, xogos, deportes, paseos e campamentos no Paseo da Ferradura da Alameda.
EDUCACIÓN
Quince nenos saharauís compartirán as súas vacacións con familias de Compostela
Un ano mais o programa de acollida "Vacacións en paz" permitirá a 15 nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados da zona de Tinduf, no sudoestes de Alxer, compartir os meses estivais, de xullo a setembro, con familias compostelás.
FESTAS
As Festas do Apóstolo traerán a Anthony and the Johnsons, Bebe e Amaral
A programación completa das festas, que se celebrarán do 16 ao 31 de xullo, coñecerase o xoves 8 de xullo de mans do concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro.
URBANISMO
Comezan as xuntanzas sectoriais para explicar en detalle o PXOM
Cunha xuntanza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e dos técnicos municipais de Urbanismo cos integrantes do Consello de Relacións Veciñais comezou o martes, 5 de xullo, a ronda de xuntanzas que desenvolverá o Concello con distintos sectores da cidade para explicar polo miúdo os contidos do Plan Xeral do Ordenación Municipal.
TURISMO
Air Berlín conectará diariamente a Galicia con Europa Central
Tralos contactos mantidos por Turismo de Santiago e Air Berlín, a liña aérea alemana presentou no Concello de Santiago o seu plan para iniciar operacións no aeroporto de Lavacolla o 1 de novembro deste ano cun voo diario que conectará á capital galega cos principais destinos centroeuropeos.
CULTURA
Lupe Gómez presenta "Pornografía"
O xoves 7 de xullo, dentro do ciclo literario "Poeta en Compostela", a escritora Lupe Gómez presentará o seu poemario "Pornografía". No acto participarán, ademais da propia autora, a concelleira de Educación de Santiago, Elvira Cienfuegos, a escritora Antía Otero, en representación da Asociación de Escritores en Língua Galega e a cantante Carme Dolores, que fará unha interpretación de fados acompañando o recital poético.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
O futuro Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa será un referente para demandantes de emprego, emprendedores e PEMES
A Xunta de Goberno aprobou o luns 4 de xullo a adxudicación dunha asistencia técnica para a redacción do proxecto básico para a construción do que será o Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á empresa, que estará situado no SUP-6, preto do Estadio de San Lázaro, e que será un punto de encontro para emprendedores, empresas xa creadas, entidades sen ánimo de lucro e desempregados. O futuro Centro terá arredor de 1.500 metros cadrados e contará cun investimento de 1.160.000 euros.
WEB
A web do Concello de Santiago acada o posto 21 na Radiografía das webs municipais do Ciberp@is
O portal de Santiago de Compostela, que o ano pasado este mesmo estudio situaba no posto 67, obtivo 218,28 puntos dun máximo de 300, a segunda mellor clasificada das cidades galegas.
Infraestruturas
Extraco comezará a construír o novo edificio do parque de bombeiros proximamente
A Xunta de Goberno celebrada o luns 4 de xullo adxudicou as obras de construcción do novo parque comarcal de Bombeiros, en Salgueiriño, á empresa EXTRACO, por un importe de 1.878.205 euros.