PLENO
A norma reguladora do plan "Santiago Suma" garantirá a posta en marcha do novo catálogo de prestacións e medidas de inclusión social
O Pleno municipal deu o visto bo inicial á ordenanza reguladora do Programa "Santiago Suma", cos votos favorables do PP e coa abstención dos grupos socialista e nacionalista. Esta ordenanza recolle o contido do plan integral presentado recentemente e que supón un reforzo das medidas de inclusión social adoptadas por outras administracións. Inclúese así o novo catálogo de prestacións e medidas, no cal figura, entre outras, a renda de solidariedade activa.
CULTURA
Joan Baez, Oneida, People of the North, Farniente, Moonspell e Septic Flesh, en concerto en Compostela
Esta fin de semana vén cargada de música en Compostela. Ademais de toda a programación do Festival de Músicas Contemplativas, teremos outras propostas nos ciclos Sons’15 e Compostela Rock. Sábado poderemos escoitar por primeira vez na cidade á raíña da canción protesta, Joan Baez, ás 20:30 horas no pazo de Congresos, dentro de Sons’15, e Compostela Rock ofrece o Triciclo 7 con Oneida, People of the North e Farniente. Será á mesma hora pero na Fundación SGAE. E tamén co Compostela Rock teremos na...
ALCALDÍA
Agustín Hernández reitera a aposta polas novas tecnoloxías para mellorar a prestación dos servizos municipais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou na Cidade da Cultura a xornada Organización 2.0. Este evento reúne en Santiago a consultores, produtores 2.0 e empresarios que implantaron este tipo de solucións, co fin de expoñer a súa visión práctica.
ALCALDÍA
Recuperado o ritmo das obras de reurbanización no barrio de Vista Alegre
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade que se están realizando no barrio de Vista Alegre. Previamente, reuniuse coa Asociación de Veciños para darlle conta da situación actual das obras, logo do retraso que implicou a cesión dos traballos por parte da anterior adxudicataria á actual construtora.
MOBILIDADE
A aplicación "maisbus" permitirá aos usuarios do transporte urbano facer consultas en tempo real sobre autobuses, liñas e incidencias
TUSSA vén de poñer en macha una nova aplicación, "maisbus", que permitirá aos usuarios do transporte urbano consultar, dende calquera smartphone, información en tempo real sobre este servizo. A aplicación pódese baixar de balde.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística pon en marcha o III Concurso de Proxectos de Publicidade
A concelleira de Normalización Lingüística, María Antón, presentou a terceira edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, que pretende ser un incentivo para a galeguización da comunicación entre empresas ou establecementos comerciais e o público, así como servir de recurso para promover a calidade e a creatividade na comunicación.
COMERCIO
Deportes Cibeira, Susi Gesto Ourive, Xearte Brigitte, Nippon Store, La Reina de Saba e Corazón do Loto, gañadores dos Premios ao Comercio Compostelán 2015
Deportes Cibeira, Susi Gesto Ourive, Xearte Brigitte, Nippon Store, La reina de Saba e Corazón do Loto son os gañadores dos Premios ao Comercio Compostelán Santiago ten un comercio de cine, 2015. A entrega dos galardóns terá lugar o mércores 8 de abril no Pazo de Raxoi. Os gañadores recibirán unha figura conmemorativa deseñada polo artesán Francisco Porto Paredes.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Revisión das tarxetas de aparcamento para residentes
A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa a todos os cidadáns que o Concello está a levar a cabo a actualización e comprobación das tarxetas/distintivos de aparcamento para residentes.
SERVIZOS
Retrasarase o depósito do lixo na vía pública ata despois do paso das procesións durante a Semana Santa
Co fin de garantir unhas condicións axeitadas na cidade, e máis por mor dos milleiros de visitantes que se van achegar nesta Semana Santa, lembrase á veciñanza de Compostela, en especial á do Casco Histórico, o necesario cumprimento da normativa vixente en materia de residuos urbanos e limpeza viaria recollida na Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria.
ALCALDÍA
Hernández expresa a honra que supón ligar o nome de Santiago a un acordo histórico para a loita contra o tráfico de órganos humanos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu a benvida aos participantes na Conferencia Internacional de Alto Nivel sobre a Loita contra o Tráfico de Órganos Humanos, organizada polo Consello de Europa este mércores e xoves. O acto inaugural do evento, celebrado no Palacio de Congresos, contou tamén coa asistencia, entre outras autoridades, dos ministros de Xustiza, Rafael Catalá, e de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do secretario xeral do Consello de...