ALCALDÍA
O alcalde recibe á embaixadora de Austria
A Casa do Concello acolleu a visita de Ulrike Tilly, embaixadora de Austria.
BENESTAR SOCIAL
A Casa das Asociacións dos Servizos Sociais estará rematada antes do fin de 2006
Unhas 66 asociacións que traballan a prol do benestar social terán a súa sede no novo edificio, que se ubicará en Salgueiriños, e que responde ao obxectivo de "unir todos os recursos que teñen para unha maior eficacia", segundo explicou a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira.
OBRAS E INFRAESTRUTURAS
Novas obras para "a mellor mobilidade posíbel na cidade"
O concelleiro de Infraestruturas e Equipamentos, Bernardino Rama, presentou un novo paquete de obras que responde á accesibilidade do medio físico nas rúas e que, segundo explicou, pretenden acadar "a mellor mobilidade posíbel na cidade".
ALCALDÍA
O Alcalde de Santiago despide ao Presidente do Parlamento
O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi ao presidente do Parlamento de Galicia, José María García Leira, nunha visita de cortesía ao final da presente lexislatura.
DEPORTES
FALLO DO IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DEPORTIVA
Coa obra titulada "Velocidad I" José Vicente (Salamanca) foi o gañador da IX edición do Concurso de fotografía deportiva que organiza o Departamento de Deportes.
O fallo desta nova edición tivo lugar o xoves, 9 de xuño, como preámbulo do Día do Deporte que se celebrará o sábado, 11 de xuño, no Multiusos Fontes do Sar onde serán expostas as 55 fotografías presentadas neste concurso
RECOLLIDA SELECTIVA DE ACEITES
Campaña para incrementar a recollida selectiva de aceites de fritura usados
A Concellaría de Medio Ambiente de Santiago de Compostela ten entre os seus obxectivos ofrecer un servizo de calidade en relación co tratamento e a xestión dos residuos, entre os cales se atopan os aceites de fritura usados e os das conservas.
EDUCACION
Mesa redonda sobre Educación Afectivo Sexual
"Experiencias dende unha perspectiva integral"
EDUCACION
Celebración do Día Mundial do Medio Ambiente
O Programa de Educación Ambiental permite achegar aos escolares ao Proxecto Ríos.
TURISMO
O proxecto Atlante celebra un novo seminario en Porto
Entre o 6 e o 8 de xuño, o proxecto europeo Atlante, que reúne ás cidades de Portugal e Galicia con declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO, celebra en Porto o seminario "Repensar as cidades: Novos tempos para as vellas cidades".
EDUCACIÓN
O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza informa á comunidade educativa das prestacións que se poden aplicar a rapaces conflitivos
O Consello Municipal de Educación do Concello de Santiago, órgano de representación da comunidade educativa de Compostela, celebrou o 2 de xuño unha sesión extraordinaria que tivo como tema principal a exposición do "Informe e propostas de actuación arredor das prestacións en beneficio da comunidade que se poden aplicar aos menores infractores consonte á Lei Orgánica 5/2000 de 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores", a cargo do fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos...