EIXO ATLÁNTICO
Competicións de baloncesto, balonmán, fútbol a 7 e voleibol nos Xogos do Eixo Atlántico
Continúan a desenvolverse os VI Xogos do Eixo Atlántico en Santiago coas competicións nas modalidades dos deportes colectivos.
FESTAS
As entradas para o espectáculo de Ángel Corella e as estrelas do American Ballet xa están á venda
Con motivo do cuarto centenario da publicación de El Quijote, o prestixioso bailarín Ángel Corella presentará en Compostela a suite "Don Quijote". Corella estará acompañado por dez estrelas do American Ballet Theatre (ABT), compañía á que pertence e unha das máis prestixiosas do mundo.
DEPORTES
Comezan os VI Xogos do Eixo Atlántico en Santiago
Mozos de dezasete cidades de Galicia e do norte de Portugal reúnense estes días en Compostela para competir nos "VI Xogos do Eixo Atlántico", que se celebrarán ata o vindeiro 16 de xullo.
DEPORTES
O Concello acolleu a sinatura dun convenio de cooperación entre as Secretarías de Estado para o Deporte de España e Portugal
No día do inicio dos VI Xogos do Eixo Atlántico en Santiago, os secretarios de Estado para o Deporte de España e Portugal, Jaime Lissavetzki e Dr. Laurentino Dias, respectivamente, asinaron un Calendario de Cooperación Deportiva para o ano 2005. No acto estivo presente o alcalde de Santiago de Compostela e Presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo.
EDUCACIÓN
Volven os obradoiros, xogos e deportes na Ferradura Aberta da Alameda
Ferradura Aberta é un programa de actividades de ocio e de lecer para nenos de entre 2 e 5 anos e de 6 a 14 anos, con espazos concretos para cada tramo de idade que poñen en marcha os departamentos de Educación e Mocidade, Centros Socioculturais e Deportes. Nesta duodécima edición, que terá lugar do 13 ao 29 de xullo, os nenos participantes poderán desde viaxar pola historia ata construír cestos ou participar nun karaoke, pasando por deportes como o esgrima ou o tiro con arco.
TURISMO
Ryanair inaugurará dúas novas rutas en Santiago de Compostela: Roma e Frankfurt
Ryanair, a compañía aérea número un en tarifas económicas, vén de inaugurar dúas novas rutas que unirán os aeroportos de Santiago de Compostela coas capitais de Roma e Frankfurt. Os voos procedentes de Roma, entrarán en vigor o 30 de Outubro e terán unha frecuencia semanal de luns, mércores, venres e domingo. As saídas efectuaranse desde o propio aeroporto de Santiago ás 20.45 e coa chegada a Roma ás 23.40 horas, mentres que de Roma sairán ás 17.25 e con chegada a Santiago ás...
SANIDADE
O Refuxio de Bando estrea web
O Centro Municipal de Protección Animal de Santiago, situado en Bando e dependente da Concellaría de Sanidade do Concello de Santiago, estrea web. Ademais de proporcionar datos e unha ampla descrición sobre este albergue transitorio de animais, na web recóllense consellos sobre o coidado de mascotas, lexislación sobre a materia e outras informacións de utilidade.
CIDADE
Concentración silenciosa no Obradoiro
Varias ducias de cidadáns sumáronse á concentración silenciosa que, como noutros lugares de España, tivo lugar durante a mañá do venres 8 diante da Casa Consistorial na Praza do Obradoiro, en repulsa aos atentados acontecidos en Londres o 7 de xullo.
MEDIO AMBIENTE
O Concello avisa do perigo de miles de visóns soltos na zona de Lavacolla
O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Santiago informa aos cidadáns que por mor da derruba intencionada dun muro nunha granxa de visións ubicada en Lavacolla, miles de visóns están soltos nesta zona do municipio.
ALCALDÍA
Gas Galicia patrocina o Compostela Festival no marco das Festas do Apóstolo
Por cuarto ano consecutivo Gas Galicia patrocinará o "COmpostela Festival", que se desenvolverá do 21 ao 25 de xullo con diversas actuacións na Praza da Quintana.