CONSORCIO
Peter Lax apadriña a celebración do 50 aniversario da Facultade de Matemáticas
O martes 30 de outubro inicia a súa visita a Compostela Peter David Lax, Premio Abel 2005, dentro do programa ConCiencia, organizado polo Consorcio de Santiago en colaboración coa Universidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Quince mulleres reciben formación como especialistas en asistencia persoal
Quince mulleres están recibindo formación como especialista en asistencia persoal. A acción formativa, de carácter gratuíto, enmárcase no Proxecto Persoa III que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O obxectivo do curso é formar especialistas capaces de dar resposta ás distintas necesidades de apoio que presentan as persoas con diversidade funcional, e que empezan a ser consideradas a partir da aplicación da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e...
TURISMO
Xosé Manuel Iglesias reúnese con axentes turísticos e económicos de Salvador de Bahía
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, chega o 29 de outubro a Salvador de Bahía, procedente de Río de Janeiro. Entre os obxectivos da viaxe, organizada en colaboración co IPAEX (Instituto para a Proxección e a Análise Exterior), figura estabelecer relacións duradeiras cos axentes económicos, autoridades políticas, xestores turísticos e empresariado galego do Estado da Bahía; promocionar turisticamente Compostela nun contorno sensible cara o...
DEPORTES
Os atletas africanos dominaron unha nova edición da Carreira Pedestre
Unha edición máis, e xa van trinta, centos de persoas encheron as rúas de Compostela para vivir a Carreira Pedestre Popular Camiño de Santiago. O gañador nesta ocasión foi o keniano Silas Kipruto, cun tempo de 35 minutos e 9 segundos.
ALCALDÍA
O Concello concederá a Medalla de Ouro da Cidade ao Museo do Pobo Galego
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou a solicitude ao Pleno municipal da concesión da Medalla de Ouro da cidade ao Museo do Pobo Galego. Fíxoo durante a súa intervención no acto de celebración do trixésimo aniversario da inauguración deste museo.
ALCALDÍA
O alcalde expresa a súa "satisfacción razoable" cos orzamentos estatais e galegos para Santiago
Coñecidas as partidas orzamentarias do Estado e da Comunidade Autónoma para Santiago, o alcalde manifestou a súa "satisfacción razoable" cos mesmos. Un único tema que segue a ter descontento a Sánchez Bugallo é a autovía a Lugo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta por "buscar o acordo máis amplo posible" coa Xunta en relación ao PXOM
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse con membros da Asociación de Promotores de Santiago, aos que informou do estado en que queda o Plan Xeral de Ordenación Municipal tras a súa aprobación parcial pola Xunta. Nun prazo aproximado dun mes haberá outra reunión para informarlles de todos os cambios que lles afectan.
CULTURA
Compostela reunirá durante dous días a máis de 170 radioafeccionados
Os días 27 e 28 de outubro celébrase en Santiago de Compostela o VI Congreso Nacional de Radioafeccionados organizado pola Asociación de Radioafeccionados Pórtico da Gloria en colaboración ca Concellaría de Cultura, coa Liga Española de Asociacións de Radioafeccionados e CB, coa Federación Catalán de CB. Neste congreso, que presentaron o director de Comunicación da Asociación, Fernando Rodríguez de la Torre, e o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, participarán asociacións de...
TURISMO
Uns trinta turoperadores brasileiros visitan o stand compostelán en Río de Janeiro
O stand de Turismo de Santiago na feira profesional "Exposiçao e Congresso Brasileiro de Agências de Viagens" (ABAV) de Rio de Janeiro (Brasil), a máis grande de América do Sur, recibiu a visita de preto de trina dos máis relevantes operadores brasileiros de viaxes cara a España.
TURISMO
Axentes de viaxe italianos visitan Santiago
Turismo de Santiago e a Cámara de Comercio organizan a viaxe de familiarización na que participan nove axentes de viaxe italianos, que promoverán a capital galega nos seus catálogos do 2008.