ALCALDÍA
O alcalde felicita o Nadal aos representantes da cidadanía compostelá
O alcalde de Santiago presidiu a recepción cidadá que tradicionalmente se celebra no Pazo de Raxoi nas xornadas previas ao Nadal. Martiño Noriega quixo trasladarlles os seus mellores desexos para estas datas e para o novo ano ás ducias de persoas que acudiron ao acto: representantes da veciñanza, de colectivos empresariais, de entidades culturais, da Igrexa ou da Universidade. Ademais, o alcalde comprometeuse a "manter abertas as liñas de diálogo e colaboración cos distintos sectores da veciñanza, recuperar a súa...
ALCALDÍA
O Concello colabora coa USC no seu Programa Universitario de Maiores
O Concello de Santiago e a USC asinaron este luns un convenio para a realización de actividades no ámbito da educación non formal e de convivencia. Os encargados de firmar o acordo foron o alcalde, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Juan Viaño, nun acto celebrado no Pazo de Raxoi no que tamén participaron o concelleiro de Educación, Manuel Dios, o vicerreitor de Oferta Docente e Calidade Educativa, Roberto Javier López, e a directora do Cuarto Ciclo da USC, Esther Olveira.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica as obras de limpeza e reparación da torre do campanario da igrexa da Peregrina, afectada pola entrada de auga
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar as obras de limpeza e reparación da torre do campanario da igrexa da Peregrina, situada na parroquia homónima, á Unión Temporal de Empresas Murua, S.C. – Alonso & Ruibal Arquitectos S.C.P. A intervención é urxente debido á importante entrada de auga no campanario e no seu contorno. Os traballos, cuxa duración estímase en tres meses, teñen un orzamento global de 32.031,77 euros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Mesa de Contratación propón a Chicolino como empresa adxudicataria do servizo de comedores escolares 2016-2017
A Mesa de Contratación de comedores escolares volveu reunirse esta mañá para tomar conta do informe elaborado polo Departamento de Educación. Na documentación fíxose unha valoración das dúas empresas que concorreron ao procedemento negociado, que son a empresa boirense Chicolino e a vasca Ausolan.
ACCIÓN CULTURAL
A Orquestra e o Coro Gaos protagonizan no Auditorio a Gala Lírica da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, organiza unha Gala Lírica de Nadal. Será este martes, 22 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Nela, poderemos escoitar a Orquestra e o Coro Gaos, xunto a soprano Mariola Cantarero, o barítono Borja Quiza, e Margarita Guerra ás castañolas, todos dirixidos por Fernando Briones.
DIVERSIDADE
A campaña de sensibilización Xunt@s Facemos Compostela chega á súa fin cunha exposición fotográfica de rúa
O Concello de Santiago, en colaboración coa Asemblea de Cooperación pola Paz, pon en marcha esta semana unha exposición fotográfica de rúa dentro da campaña Xunt@s Facemos Compostela.
ACCIÓN CULTURAL
Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble presentan "A frauta máxica do Maxín"
Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble presentan A frauta máxica do Maxín, dentro do programa de Teatro Familiar e da programación específica de Nadal. Será este martes 22, ás 19:00 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 5 euros e pode mercarse unha entrada familiar de catro localidades por 15 euros(é dicir, catro localidades ao prezo de tres). Á venda no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.
TURISMO
Catas e unha ruta dos escumosos galegos, en Compostela Gastronómica Nadal
A edición de Nadal de Compostela Gastronómica, que comezou o pasado sábado 19 de decembro, comprende un completo programa dedicado aos mellores escumosos galegos que inclúe catas e a ruta Camiño das Burbullas.
ACCIÓN CULTURAL
Cantigas e Agarimos estrea en Compostela o seu novo espectáculo, "Balbino"
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e Amparo Pérez, vicepresidenta de Cantigas e Agarimos, presentaron esta mañá na Casa do Concello Balbino, o novo espectáculo da Agrupación Folclórica que se estrea no Auditorio de Galicia o domingo 27 de decembro ás 20:00 horas. Na rolda participaron tamén Manuel Amenedo, de Ditea Teatro, e Conchi Viñas, da EASD Mestre Mateo, entidades que colaboran no espectáculo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de mellora da rúa Rapa da Folla
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de renovación de pavimentos da rúa Rapa da Folla, das que se encargará a empresa Construcciones Iglesias Mera S.L. A actuación conta cun orzamento de 25.780 euros, máis un IVE de 5.414 euros. O Executivo rexeitou a oferta presentada por outra empresa, por non presentar toda a documentación esixida no prego administrativo. Este proxecto da rúa Rapa da Folla está incluído no POS 2014 da Deputación da Coruña.