COMERCIO
O Concurso de Beléns e Ambientación de Nadal inclúe como novidade na súa segunda edición unha categoría para comercios
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou a segunda edición do Concurso Municipal de Beléns e Ambientación de Nadal, co obxecto de promocionar as manifestacións de tradición popular típicas das celebracións do Nadal.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno deu conta dos listados de solicitantes para as hortas das Fontiñas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, tomou en coñecemento o listado de solicitantes da cesión de hortas urbanas municipais en Fontiñas. Tamén se deu o visto bo a novas obras na Almáciga, Fontiñas e O Castiñeiriño.
ECONOMÍA
Máis de 90 empresas xa se inscribiron en Getting Contacts!
O venres 14 de decembro celebrarase a segunda Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts! de Santiago de Compostela, dentro do programa Santiago Investors Support, da Concellería de Economía, para a cal xa hai máis de 90 empresas inscritas. A Xornada ten coma obxectivos fortalecer as empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras pobacións e abrir as portas a novas inversións.
ALCALDÍA
A xornada de portas abertas na pista de xeo prolóngase ata as seis de mañá xoves
A pista de xeo abriuse ao público cunha xornada de portas abertas, que se prolongará ata mañá xoves ás 18:00 horas. O recinto, que permanecerá instalado no paseo central da Alameda ata o 3 de febreiro, foi inaugurado polo alcalde, Ángel Currás.
CULTURA
David Guapo debuta en Galicia coa estrea do seu monólogo "Que no nos frunjan la fiesta"
David Guapo estrea no Teatro Principal o seu novo monólogo, titulado Que no nos frunjan la fiesta, unha aposta segura onde o humor, a música e a improvisación se mesturan nun espectáculo único para todos os públicos. Será dentro do ciclo Falabaratos no Teatro Principal en dúas funcións, ás 20:00 e ás 22:00 horas.
ALCALDÍA
Máis de 100.000 euros para acondicionar o campo da festa de Nemenzo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, visitaron a parcela de Nemenzo que vai ser acondicionada para campo da festa. A previsión é que para as próximas festas patronais, en setembro de 2013, o recinto estea listo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellería de Centros Socioculturais promove 14 obradoiros de achegamento á lingua e á cultura doutros países
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou os 14 obradoiros de lenguas e culturas promovidos polo seu Departamento para o 2013. Estes talleres serán un espazo educativo para aqueles que se queiran achegar dun modo práctico a culturas como a chinesa, a árabe, a alemá, a rusa, a anglosaxona ou a americana. O prazo de preinscrición ábrese o mércores 5 de decembro.
EMPREGO
O Pacto Local polo Emprego destina 240.000 euros a diversas accións para promover a xeración de postos de traballo
O Paco Local polo Emprego de Santiago 2012-2013 foi asinado nun acto celebrado en Raxoi e presido pola concelleira de Benestar Social e Emprego, Paula Prado. O programa, do que tamén participan axentes sindicais, empresariais e sociais da cidade, destina 240.000 euros a unha serie de accións destinadas á creación de emprego.
COMERCIO
O Mercado de Abastos repartirá 8.000 euros en premios na súa campaña de Nadal
"Un Nadal para todos os públicos" é o lema da campaña de Nadal do Mercado de Abastos de Santiago. A campaña, presentada en rolda de prensa pola concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, e pola xerente do Mercado, Marta Rey, quere promover a compra na praza nestas datas a través de sorteos e concursos.
DEPORTES
O Campionato de España de Dominó por Equipos reunirá en Compostela 400 xogadores desta disciplina
O Hotel Puerta del Camino acollerá o venres 7 e o sábado 8 de decembro o XVIII Campionato de España de Dominó por Equipos. Máis de 400 xogadores participarán nas dúas xornadas do torneo, que contará tamén cunha competición libre para calquera interesado.