MEDIO AMBIENTE

O Concello pon a disposición dos veciños 48 novos composteiros para a reciclaxe do lixo orgánico

06/02/2007

A Concellaría de Medio Ambiente abre, a partir de mañá mércores 7 de febreiro, o prazo para solicitar composteiros de uso domiciliario. O Concello distribuirá un total de 48 novas unidades destes composteiros –estruturas onde se depositan os residuos orgánicos para transformalos en compost– e ofrecerá asesoramento técnico sobre a viabilidade e as posibilidades deste sistema.

Leer más

FUNDACIÓN GRANELL

Arte popular relixiosa na Colección Eugenio Granell

06/02/2007

A Fundación Eugenio Granell presenta unha pequena escolla de arte popular relixioso, feito por persoas anónimas. Forma parte da colección de arte étnica que Eugenio Granell foi facendo ó longo da súa vida. A arte popular é tida en grande consideración polo movemento surrealista, e por suposto por Granell.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao novo cónsul xeral de Cuba en Galicia

06/02/2007

Alejandro Fuentes vén de ser nomeado cónsul xeral de Cuba en Galicia, en substitución de María Sánchez. Con motivo da súa incorporación ao cargo, quixo manter un primeiro contacto con alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o recibiu en Raxoi.

Leer más

CULTURA

Aldo Ceccato chega a Compostela para dirixir á Real Filharmonía de Galicia

06/02/2007

O concerto da Real Filharmonía de Galicia do xoves 8 contará coa batuta do milanés Aldo Ceccato, un dos directores máis prestixiosos de Europa. Ata 2004 foi director artístico e musical da orquestra I Pomeriggi Musicali, de Milán, unha das formacións máis antigas de Italia, e que xa fora dirixida por mestres de sona coma Bernstein ou Giulini. A día de hoxe é director principal da Orquesta Filarmónica de Málaga, principal motor do desenvolvemento cultural da cidade andaluza.

Leer más

CULTURA

O portugués, ao alcance da man

05/02/2007

"Aprende em 25 segundos a ler em portugués" é o título dunha campaña que pretende concienciar aos cidadáns do sinxelo que é acceder ao portugués para un galego. Esta iniciativa está a permitir repartir en centros de ensino e librarías dípticos e marcadores de libros coas equivalencias máis xerais entre os dous idiomas.

Leer más

FESTAS

Máis de 126.000 euros para as festas do Antroido

05/02/2007

O Goberno local aprobou un orzamento de 126.830 euros para as festas do Antroido 2007. O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentará en breve o programa detallado destas celebracións, que terán lugar entre o 17 e 21 de febreiro.

Leer más

EDUCACIÓN

12 mozos e mozas poderán viaxar a París

05/02/2007

O Concello de Santiago participará no programa "Vivir o mundo: vivir Europa", convocado pola Deputación da Coruña, tal como acordou a Xunta de Goberno. Esta iniciativa permitirá a 12 mozos e mozas, de entre 12 e 14 anos, viaxar a París no mes de abril.

Leer más
Compartir: