EXPOSICIÓN

Arte sen fronteiras feita por mulleres

09/03/2007

Na Fundación Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a inauguración da mostra internacional "Mulleres sen sombra: 12 miradas en femenino"", organizada pola Asociación de Mulleres Progresistas "Alba". Esta entidade quere sumarse así aos actos do Día Internacional da Muller, cunha exposición composta por pinturas, esculturas e tapices obra de mulleres de diversos países, nun intento de amosar unha arte sen fronteiras.

Leer más

MERCADOS

O concelleiro de Promoción Económica ultima co Ministerio de Vivenda o convenio de remodelación do Mercado de Abastos

09/03/2007

O Concelleiro de Promoción Económica e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, entrevistouse en Madrid co Director Xeral de Arquitectura e Política de Vivenda do Ministerio de Vivenda, Angel Rafael Pacheco Rubio. Iglesias espúxolle a necesidade de acelerar a sinatura do convenio de colaboración para a remodelación do Mercado de Abastos, que previsiblemente terá lugar en abril, para iniciar o proceso de contratación das obras e estar en condicións de executar os recursos económicos comprometidos para o ano 2007 polo...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O CEIP de Roxos acolleu o inicio da campaña de protección do medio ambiente organizada por Sogama

08/03/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou, xunto co presidente de Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, José Álvarez Díaz, a campaña educativa "Ti es a peza que falta. O futuro está nas nosas mans", orientada a fomentar a protección do entorno entre os escolares. A iniciativa está dirixida a todos os centros escolares de primaria das catro provincias galegas.

Leer más

ALCALDÍA

Recepción á Asociación para o Proxecto Foltra

08/03/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos representantes da Asociación para o Proxecto Foltra. Esta entidade sen ánimo de lucro proporciona asistencia a todo aquel que o necesite, con dano cerebral conxénito ou adquirido, central ou periférico, pero tamén a outro tipo de pacientes que pola súa patoloxía (diabéticos, infartos…) poidan beneficiarse do proxecto.

Leer más
Compartir: