FESTAS
Concerto da Real Filharmonía na Quintana e fogos fin de festa para pechar o Apóstolo 2015
As festas do Apóstolo chegan ao seu fin este venres 31 cunha xornada cargada de propostas interesantes. Comezamos ás 20:00 h co pasarrúas a cargo da Trova de Celaya (México), animación que logo continguará da man da Charanga Compostela a partir das 21:30 h. Os pratos fortes serán o concerto da Real Filharmonía de Galicia a partir das 21:00 h na praza da Quintana e os fogos fin de festa dende o Campus Sur ás 23:30 h. Ademais, a partir da medianoite estará a Orquestra Fórmula no paseo central da Alameda.
FESTAS
Variedade de públicos e estilos na penúltima velada musical do Apóstolo
A penúltima xornada das festas do Apóstolo xuntou na praza da Quintana cinco bandas galegas de consolidada traxectoria e moi variada proposta estilística.
CONSORCIO
Unhas 7.000 persoas xa visitaron a mostra fotográfica de Ramón Sánchez Estalote
Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións arredor de 7.000 persoas.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación
O Consorcio de Santiago adxudicou o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. A empresa TRYCSA, Técnicas para la Restauración y Construcciones, S.A. encargarase da intervención, cun orzamento de 1.008.644,89 euros.
ALCALDÍA
Unha campaña arredor das palabras e os zapatos gaña a 3ª edición do Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visitou o establecemento de venda de zapatos Moksín, gañador do III Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego. A campaña, deseñada por Tino Barreiro, impúxose a outras seis presentadas e fíxose co premio de 5.000 euros, destinados a por en marcha o proxecto gañador.
FESTAS
Cinco bandas galegas na Quintana como anticipo ao peche das festas do Apóstolo 2015
A xornada deste xoves 30, previa ao peche das festas do Apóstolo, será unha desas noites para lembrar en Compostela, xa que se xuntarán na praza da Quintana cinco bandas galegas de consolidada traxectoria e moi variada proposta estilística. O concerto, de entrada libre, comezará ás 22:00 horas e nel poderemos escoitar os composteláns Los Chavales e Ataque Escampe; os vigueses The Soul Jacket, os lucenses/coruñeses Guerrera e o proxecto A Derradeira Noite na Terra, que conforman membros de Malandrómeda, Dios Ke Te Crew e...
ALCALDÍA
O Goberno municipal aposta por un cambio nas políticas de vivenda que promova o aluguer e a inclusión social
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantivo un encontro co experto en políticas urbanas de Chicago, Roberto Requejo. Estivo acompañado polos concelleiros de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte.
FESTAS
A Banda Municipal de Música de Santiago e Viravolta Títeres representaron "Peer Gynt" na praza de San Martiño Pinario
Na antepenúltima xornada das festas do Apóstolo puidemos escoitar a Banda Municipal de Música, que lle puxo música en directo a Peer Gynt, obra representada polos monicreques da compañía Viravolta Títeres.
CONSORCIO
Unha nova publicación recolle 179 cartas que o pintor Carlos Maside mantivo entre 1928 e 1958 con intelectuais da época como Seoane, Castelao, García Lorca, Díaz Pardo ou Laxeiro
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas. Carlos Maside. A Fundación Gonzalo Torrente Ballester acolleu a presentación desta obra, á que asistiron o alcalde da cidade, Martiño Noriega; a catedrática de Historia Mª Esther Rodríguez, que reuniu e transcribiu toda a correspondencia que se recolle na publicación; o catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío, coordinador da edición; a xerente do Consorcio, Belén...
ALCALDÍA
O alcalde encontra receptividade en Feijóo á demanda dunha achega estable para a capitalidade e na defensa da intermodal
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo na sede do Executivo autonómico en San Caetano. O rexedor cualificou como "positiva" a xuntanza, así como a "receptividade" do titular do Goberno galego en canto á estabilidade do financiamento das ferramentas de Capitalidade e á defensa dunha verdadeira estación intermodal para a cidade.