LINGUA
O Apego chega xa ás familias en 23 concellos
Logo de que na primavera se adherisen ao programa Apego os concellos dA Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo, chega agora o momento no que comezan a traballar na súa aplicación coas familias interesadas en incorporar o galego á crianza das súas fillas e fillos nos respectivos municipios.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a profesorado e alumnado do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega recibiu en Raxoi a profesorado e alumnado do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña, especialidade en arquitectura de aloxamentos turísticos.
DEPORTE
Compostela acolle este domingo a I Carreira e Andaina Solidaria Tras-Ril-San
O Campus Vida e a Alameda de Santiago serán escenario este domingo, 2 de outubro, da I Carreira e Andaina Solidaria Tras-Ril-San, organizada por esta Asociación Galega de Transplantados de Ril. O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, e o atleta Pedro Nimo, padriño da carreira, ofreceron nunha rolda de prensa en Área Central os detalles da proba, que conta co control técnico da delegación compostelá da Federación Galega de Atletismo.
FACENDA
Actividades de integración de persoas con diversidade funcional ou en prol da igualdade, entre as propostas dos OP de Mocidade
A asemblea de Mocidade dos Orzamentos Participativos Compostela Decide reuniu onte no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche un grupo de mozos e mozas que traballaron na detección e proposición de ideas de actividades en función das súas necesidades e desexos.
ACCIÓN CULTURAL
Quince concertos no Ciclo de Outono da Banda Municipal de Música
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño Maquieira, presentaron esta mañá o Ciclo de Outono da Banda. Fórmano 15 concertos, cinco no mes de outubro, sete en novembro e tres no mes de decembro.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia realizará tres concertos nos centros socioculturais de Vite, Santa Marta e Fontiñas a vindeira semana
A Real Filharmonía de Galicia vai celebrar a vindeira semana tres concertos nos centros socioculturais de Vite, Santa Marta e Fontiñas. Estas actuacións, que serán gratuítas ata completar o aforo, buscan achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. As citas serán o mércores no centro de Vite (que este ano celebra o seu 25º aniversario), o xoves en Santa Marta (Sala Agustín Magán) e o venres en Fontiñas; todas elas ás 19:00 horas. Ademais, parte da orquestra tocará o...
ALCALDÍA
Inaugurado o Spin2016, o maior evento dedicado ao emprendemento universitario
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou esta mañá na inauguración na Cidade da Cultura de Spin2016, o maior evento dedicado ao emprendemento universitario. O acto estivo presidido polo titular en funcións da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e contou tamén coas intervencións da secretaria xeral iberoamericana, Rebeca Grynspan; o secretario xeral da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura, Paulo Speller; o presidente de RedEmprendia e reitor da...
POLÍTICAS SOCIAIS
Corenta persoas con síndrome de Down ou discapacidade visual participarán nas accións de cultura urbana do Proxecto Surigam
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa o Proxecto Surigam: Cultura Urbana + Discapacidade. Esta iniciativa de lecer saudable está dirixida a persoas con síndrome de Down ou con discapacidade visual, e inclúe unha xornada de cultura urbana mañá xoves e o venres.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde recibe o alumnado do colexio alemán Carl Benz Gymnasium
O alcalde recibiu hoxe, no salón nobre do Pazo de Raxoi, os alumnos e alumnas do colexio alemán Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg (vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin.), que están en Compostela participando nun intercambio co Colexio Manuel Peleteiro. No acto participaron as profesoras que viaxaron co estudantado xermano, e o director do centro compostelán, Luis Peleteiro.
ACCIÓN CULTURAL
Vinte concertos nas Xornadas de Música Contemporánea, que este ano se celebran do 1 de outubro ao 1 de decembro
A concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Branca Novoneyra, e Antonio Moral, director do Centro Nacional de Difusión Musical do INAEM presentaron esta mañá o programa das Xornadas de Música Contemporánea 2016. Fixérono acompañados da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director do CGAC, Santiago Olmo; a vicerreitora de Cultura da USC, María Dolores Álvarez; e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.