FACENDA E OBRAS
Os remanentes permitirán executar obras por valor de 3,3 millóns de euros
A alcaldesa en funcións e concelleira de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, explicaron hoxe polo miúdo as obras que o Concello vai acometer durante o que queda de 2017 e os primeiros meses de 2018 cos remanentes do exercicio anterior.
LINGUA
Ducias de nenos e nenas volven xogar nas rúas de Compostela grazas ao "Territorio Xogantín"
A alcaldesa en funcións, María Rozas, visitou esta mañá as actividades que se están a desenvolver na praza 8 de Marzo dentro do programa Territorio Xogantín, polo que xa pasaron ducias de nenos e nenas durante este mes de agosto.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes na LX edición do Curso "Música en Compostela"
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os/as participantes na LX edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra do 6 ao 19 de agosto. Nesta edición participan preto de 100 alumnos e alumnas procedentes de países como Arxentina, Bulgaria, Bélxica, Costa Rica, Corea, España, EE.UU., Xapón, Hungría, Honduras, Portugal, Romanía, Perú, Venezuela ou Rusia.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia interpretará "El amor brujo", de Manuel de Falla, este venres no Auditorio
No marco da 60ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto este venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, intervirá como solista o violoncellista canario Ángel Luis Quintana.