DEPORTE
O Concello investirá máis de 600.000 euros en melloras no campo de fútbol de Santa Isabel
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este xoves as actuacións que o Concello levará a cabo nos vindeiros meses no campo de fútbol de Santa Isabel e que suporán un investimento próximo aos 600.000 euros.
COMERCIO
O Mercado de Nadal renóvase este venres para acoller 15 novos expositores
Este venres 8 de decembro o Mercado de Nadal abrirá as súas portas cunha oferta renovada, ao entrar 15 novos expositores procedentes de Zaragoza, Quiroga (Lugo), Rianxo, Mos, Pontevedra ou A Coruña, entre outras localidades, ademais de artesáns composteláns. O Mercado renova a súa oferta cada 6 días, con 15 expositores por quenda ata completar os 87 que participan este ano.
CONSORCIO
Antoni Wit cancela os concertos coa Real Filharmonía de Galicia por motivos de saúde
O mestre polaco Antoni Wit vén de comunicar á Real Filharmonía de Galicia a imposibilidade de participar nos concertos da próxima semana por un grave problema de saúde. Director especialista no repertorio musical do seu país de orixe, Wit ía conducir á orquestra nun programa deseñado especificamente para el, con obras de S. Moniuszko, W. A. Mozart e W. Karlowicz.