IGUALDADE
A veciñanza pode recoller o material da campaña "Contra as violencias" a partir do 16 de novembro
O Concello de Santiago fixo neste ano un chamamento á veciñanza para que participe de forma activa na campaña En negro contra as violencias machistas. Trátase de que os veciños e veciñas se convertan en altofalantes da iniciativa colocando bandeirolas, roupa ou calquera elemento de cor negra das súas fiestras ou balcóns.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha nova vítima, desta vez unha menor de tan só dous anos, na localidade de Alzira (Valencia).
ACCIÓN CULTURAL
Cineuropa premia a Leonardo Sbaraglia
Cineuropa ten hoxe como protagonista indiscutible a Leonardo Sabaraglia. O festival distingue a prolífica traxectoria dun intérprete que, con máis de 50 longametraxes ás súas costas, se atopa nunha etapa de admirable madurez interpretativa.
CONSORCIO
O Consorcio custodiará o fondo fotográfico de Ramón Sánchez Estalote, cedido polos seus herdeiros para garantir a súa preservación
O Consorcio de Santiago asinou esta mañá un convenio cos herdeiros do fotógrafo compostelán Ramón Sánchez Estalote (1908-2002), en virtude do cal ceden ao organismo o seu fondo fotográfico para a súa custodia. No acto estiveron o alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o responsable de publicacións e exposicións do Consorcio, Juan Conde; xunto á sobriña de Estalote, Ana Mª Sánchez Pardo, que...
POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela sumouse á conmemoración do Día Mundial da Diabetes
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitou os postos informativos e de diagnose instalados na praza do Toural con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes. Alí hai unha carpa da Asociación Compostelá de Diabéticos, onde se poden facer análises para medir o nivel de azucre, e outra do Instituto Oftalmolóxico Gómez Ulla, onde se analiza a retinopatía diabética. Os espazos permanecerán abertos ata as 21:00 horas deste martes.