POLÍTICAS SOCIAIS
Corenta persoas con síndrome de Down ou discapacidade visual participarán nas accións de cultura urbana do Proxecto Surigam
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa o Proxecto Surigam: Cultura Urbana + Discapacidade. Esta iniciativa de lecer saudable está dirixida a persoas con síndrome de Down ou con discapacidade visual, e inclúe unha xornada de cultura urbana mañá xoves e o venres.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde recibe o alumnado do colexio alemán Carl Benz Gymnasium
O alcalde recibiu hoxe, no salón nobre do Pazo de Raxoi, os alumnos e alumnas do colexio alemán Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg (vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin.), que están en Compostela participando nun intercambio co Colexio Manuel Peleteiro. No acto participaron as profesoras que viaxaron co estudantado xermano, e o director do centro compostelán, Luis Peleteiro.
ACCIÓN CULTURAL
Vinte concertos nas Xornadas de Música Contemporánea, que este ano se celebran do 1 de outubro ao 1 de decembro
A concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Branca Novoneyra, e Antonio Moral, director do Centro Nacional de Difusión Musical do INAEM presentaron esta mañá o programa das Xornadas de Música Contemporánea 2016. Fixérono acompañados da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director do CGAC, Santiago Olmo; a vicerreitora de Cultura da USC, María Dolores Álvarez; e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.
COMERCIO
O Concello convoca unha serie de axudas para a reforma de locais de negocio e implantación de TIC no sector comercial
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá as bases da convocatoria de axudas para a reforma de locais de negocio, implantación de tecnoloxías da información e a comunicación e incorporación de innovacións no sector comercial. Destínase un total de 25.000 euros.
POLÍTICAS SOCIAIS
Conclúe no Obradoiro tras 28 etapas a marcha "1.000 Km contra o cancro"
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiu na praza do Obradoiro os participantes na marcha 1.000 Km contra o cancro, encabezada polo corredor Juan Pedro Orellana, que partiu de Xerez o pasado 1 de setembro.
CONSORCIO
Comeza o curso na Escola de Altos Estudos Musicais coa formación de intérpretes noveis procedentes de toda España e Portugal
O luns, 3 de outubro arranca o ano académico na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela. O centro cumpre 17 anos como centro público de ensinanza musical, dirixido a intérpretes novos/as.
TURISMO E ACCIÓN CULTURAL
Focus GalicianTunes descubriralles a nosa música, paisaxe e gastronomía a programadores de 26 festivais internacionais
Os programadores de 26 festivais de música de referencia internacional participarán do 16 ao 19 de outubro no programa Focus GalicianTunes, que se presenta como a antesala ao maior festival de músicas de raíz do mundo, o Womex 2016. Estes profesionais foron seleccionados entre os principais delegados acreditados este ano en Womex (World Music Expo), buscando así repetir o éxito da experiencia desenvolvida en 2014 co gallo da anterior edición deste mercado en Santiago de Compostela.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Os Bombeiros de Santiago retiraron 85 niños de avespa asiática no último ano
Entre setembro de 2015 e o pasado día 2, os Bombeiros de Santiago retiraron un total de 85 niños de avespa asiática (Vespa velutina). A maioría das intervencións concentráronse no pasado verán, con 18 no mes de xullo, 19 en agosto, e 38 intervencións no mes de setembro (ata o día 25). A evolución destes datos dá boa mostra da invasión que Galicia está a padecer deste insecto, xa que no mes de setembro de 2015 só foi preciso retirar un niño, fronte aos 38 de setembro deste ano.