CONVIVENCIA
A Policía Local realizou controis do uso do cinto en máis de 2.600 vehículos
A Policía Local, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, realizou durante a pasada semana unha campaña especial de vixilancia do uso do cinto de seguridade entre os/as ocupantes dos vehículos, con especial atención aos sistemas de retención infantil. Durante sete días, os/as axentes inspeccionaron máis de 2.600 vehículos, co obxectivo, segundo a Policía Local, de "concienciar da importancia do uso do cinto como un elemento de seguridade viaria cuxo uso reduce á metade o risco de morte en...
DEPORTE
Santiago acolle o 2 de outubro a XV Camiñada ao Pedroso a prol de Unicef
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou xunto ao presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, a XV edición da Camiñada Solidaria ao Pedroso. Na rolda estiveron acompañados de Marta Andrade, de Unicef Galicia, entidade á que se destinarán os fondos recadados na andaina.
ESPAZOS CIDADÁNS E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello convoca unha mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna
O Concello de Santiago convocará a mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna, en resposta a unha demanda formulada polos seus representantes. A reunión será o próximo 5 de outubro.
CONSORCIO
Catro solistas noveis de Galicia tocarán coa Real Filharmonía xunto con outros/as de Países Baixos, Rusia e Estados Unidos
O VI Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase mañá venres cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos/as noveis de Galicia e tamén procedentes dos Países Baixos, Rusia e Estados Unidos. A cita terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Internacional Galicreques dedica a súa 21ª edición a Latinoamérica, de onde chegan 11 das 21 compañías participantes
Dende hai dúas décadas o teatro de monicreques e bonecos ten en Galicia un referente fundamental: o Festival Internacional Galicreques, organizado pola asociación cultural Barriga Verde. O certame celebra a súa 21ª edición do 24 de setembro ao 2 de outubro, con 24 espectáculos para todos os públicos en diferentes teatros, salas e rúas de Santiago. A estes haberá que sumar 12 funcións especiais para público escolar.
EDUCACIÓN
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade convocará en outubro outra edición do programa Aula de Patrimonio
Este xoves celebrouse en Madrid, na sede da Federación Española de Municipios e Provincias, unha nova reunión da Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A técnica municipal de Educación Beatriz Varela representou a Santiago nesta xuntanza.