FACENDA
O Goberno local destinará máis de dous millóns de euros a investimentos financeiramente sostibles
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá os proxectos que o Concello de Santiago desenvolverá durante este 2016 con cargo a remanentes do exercicio do 2015. Estes proxectos ascenden a un total de 2.190.400,98 euros e deben cumprir os seguintes requisitos: deben ser investimentos financeiramente sostibles (que teñan unha vida útil superior a 5 anos) e ser executados antes do 31 de decembro de 2016.
CONSORCIO
A Real Filharmonía celebrará 22 concertos na nova temporada de abono, unha ópera e actuacións didácticas, familiares e nos barrios
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a súa nova temporada de abono 2016-2017 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio de Santiago, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio da cidade, Belén Hernández; ademais do director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel.
FACENDA
Os Orzamentos participativos seguen o seu curso cunha asemblea aberta para identificar necesidades e facer propostas
Este xoves 28, a partir das 19:30 horas, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municpial do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16) acollerá a primeira asemblea aberta dos Orzamentos Participativos. O obxectivo deste encontro é detectar, identificar e poñer en común necesidades de cara a facer propostas de investimentos para o conxunto do municipio de Santiago de Compostela.
FESTAS
Molotov Jukebox e Banda Crebinsky, na axenda do Apóstolo para este mércores
As festas do Apóstolo vivirán este mércores unha das súas xornadas máis musicais. O concerto máis importante da xornada será o que ofrezan na praza da Quintana, a partir das 21:30, Molotov Jukebox e Banda Crebinsky.
FESTAS
The Dandy Warhols, protagonistas doutra xornada das festas do Apóstolo
Os protagonistas musicais deste martes nas festas do Apóstolo foi a banda de rock estadounidense The Dandy Warhols, que ofreceu un agardado concerto na praza da Quintana.