ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o embaixador de El Salvador, Jorge Palencia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o embaixador de El Salvador, Jorge Palencia Mena, quen asinou no Libro de Honra da cidade.
CONVIVENCIA
O Concello e a Universidade colaboran en materia de prevención de emerxencias
O Concello e a Universidade de Santiago van asinar un convenio de colaboración que ten como obxectivo mellorar a seguridade nos edificios da USC ante situacións de emerxencia. O acordo foi presentado hoxe polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; o xerente da Universidade, Xosé Manuel Villanueva; o xefe do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello, Xesús Martínez; e a responsable de Prevención de Riscos da USC, Maribel García del Río. Os catro coincidiron na importancia deste acordo, que por...
ESPAZOS CIDADÁNS
Santiago, máis preto de ser unha smart city
Lyon acolleu a semana pasada as reunións de lanzamento do proxecto europeo Smarter Together, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida nas cidades, ofrecendo solucións en varios aspectos cotiás da vida urbana por medio da integracións das chamadas smart technologies ou tecnoloxías intelixentes.
CONSORCIO
Arranca "A Escola na Cidade", un ciclo de concertos interpretados por alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, pon en marcha unha nova edición de A Escola na Cidade, un ciclo de concertos interpretados polos alumnos do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Compostela mostra o seu modelo educativo no I Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da Educación
A cidade portuguesa de Vila Real acolleu este mércores o I Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da Educación, organizado polo Eixo Atlántico. No mesmo, o Concello tivo a oportunidade de explicar o seu modelo educativo transversal.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello de Santiago anima as familias compostelás a elixir o ensino público
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, animou as familias compostelás a elixir o ensino público para os seus fillos e fillas. Fíxoo durante a presentación dos prazos de matrícula nas escolas infantís municipais, nos CEIPs e na Escola Municipal de Música. Esta promoción da educación pública realizarase a través unha campaña da que o edil ofreceu os detalles.
MOCIDADE
Un grupo de estudantes desenvolve "Marzal Cultural", unha das propostas máis votadas no piloto de Orzamentos Participativos
A concelleira de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, Noa Morales, presentou esta mañá en rolda de prensa a actividade Marzal Cultural, que levarán a cabo durante o mes de marzo un grupo de estudantes pertencentes á Asociación do Colexio Maior San Clemente.
FACENDA
Os informes de Intervención avalan a proposta orzamentaria presentada polo Goberno municipal
Este venres 11 de febreiro, ás 8:30 horas, terá lugar a a Comisión Informativa de Facenda na que se debateirá a proposta de orzamentos para o 2016, o cadro de persoal e o Plan Económico Financeiro elaborado como consecuencia do incumprimento da regra do gasto por parte do Executivo anterior.