EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberta a inscrición no Programa de Conciliación de Semana Santa
As familias compostelás xa poden inscribir os seus nenos e nenas no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa, que se realizará nos CEIPs As Fontiñas e Raíña Fabiola os días 21, 22, 23 e 28 de marzo. Estas actividades, organizadas pola Concellaría de Educación e Cidadanía, están dirixidas a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
ALCALDÍA
O alcalde felicita á USC polo seu compromiso coas novas empresas innovadoras
O alcalde participou este luns na inauguración do encontro Spin-Off Lean Acceleration-SOLA, un proxecto enmarcado na RedEmprendia que ten como obxectivo consolidar o emprendemento innovador e tecnolóxico. Nesta iniciativa participan expertos de oito prestixiosas universidades de cinco países, que dende hoxe e ata o día 9 estarán reunidos na Casa de Europa para estudar fórmulas que melloren as capacidades das universidades para acelerar empresas baseadas no coñecemento e a I+D.
POLÍTICAS SOCIAIS
A concelleira de Políticas Sociais coñece as instalacións de Cogami
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, achegouse esta mañá ás instalacións de Cogami en Santiago para coñecer o traballo que realizan na cidade. Visitou, acompañada do seu presidente, Anxo Queiruga, as dependencias situadas en Modesto Brocos e tamén no Polígono do Tambre, coñecendo o traballo que realizan os seus voluntarios.
IGUALDADE
O obradoiro "Vida Propia" chega a tres parroquias do rural con actividades de empoderamento da muller
Os concelleiros de Igualdade e de Medio Rural, Marta Lois e Rafael Peña, achegáronse esta mañá ao Local Social de Enfesta para presentar o obradoiro Vida Propia, que comeza esta semana en tres parroquias de Santiago: Enfesta, O Eixo e Villestro.
ACCIÓN CULTURAL
A Concellaría de Acción Cultural programa dous talleres sobre mediación cultural no Local Sociocultural da Caramoniña
A Concellaría de Acción Cultural programou dous talleres baixo o título Pensar a mediación cultural. Que flúa, destinados a persoas pertencentes a entidades e asociacións que desenvolvan proxectos de ámbito local ou pretendan poñer en marcha experiencias de mediación cultural sobre Santiago de Compostela. Celebraranse os días 28, 29 e 31 de marzo e 1 de abril no Local Sociocultural da Caramoniña (travesía Escultor Asorey, 14 – baixo). A participación é de balde.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello acorda unha solución coa Xefatura Territorial de Educación para a falta de prazas no CEIP Lamas de Abade
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, mantivo unha xuntanza esta mañá co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, para atopar un acordo respecto á falta de prazas no CEIP Lamas de Abade. Manuel Dios trasladoulle a preocupación das familias afectadas por esta problemática e o desexo do Concello de solucionalo canto antes.