FACENDA
O Concello adhírese ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación da Coruña
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, explicou esta mañá que o Concello de Santiago vén de adherirse ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación da Coruña, que permitirá reducir o endebedamento de forma anticipada en aproximadamente medio millón de euros.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello abrirá temporalmente a Casa da Xuventude aos colectivos cidadáns
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a reversión ao Concello da Casa da Xuventude, que viña utilizando a Xunta. Era o primeiro paso necesario para poñer en marcha o proceso de recuperación do edificio e do contorno da Praza do Matadoiro.
ALCALDÍA
A bandeira europea, a medio mastro en Raxoi
A bandeira europea ondea a medio mastro no Pazo de Raxoi en sinal de dó e de rexeitamento polo acordo UE-Turquía coas persoas refuxiadas.
TURISMO
As cidades Patrimonio da Humanidade, no Salón Internacional de Turismo de París
Santiago de Compostela e o resto de cidades Patrimonio da Humanidade continúan a súa intensa promoción en Europa de acordo ao seu Plan Operativo de Turismo 2016. Desta forma, dende este xoves e ata o domingo, o Grupo está presente no Salón Internacional de Turismo de París, a feira da industria turística máis importante de Francia.
CONVIVENCIA
A Concellaría de Convivencia non autorizará a celebración de festas se as solicitudes non cumpren todos os requisitos de seguridade
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia non autorizará a celebración da II Festa da Xuventude da Pontepedriña ata que os seus organizadores entreguen toda a documentación esixida por lei. O edil Xan Duro insistiu en que "o Concello non pode prevaricar e incumprir a normativa, e ten o deber de vixiar polos intereses do conxunto da veciñanza".
ACCIÓN CULTURAL
Vox Stellae inaugura este domingo "De lugares e órganos" cun concerto na igrexa de San Paio de Antealtares
De lugares e órganos, o programa de música e outras paisaxes de Compostela que organiza a Concellaría de Acción Cultural para esta Semana Santa, inaugurase este domingo, día 20, cun concerto de Vox Stellae. Será a partir das 20:30 horas na igrexa de San Paio de Antealtares co programa María Magdalena. Cinco escenas musicais da súa vida. O programa continúa luns con Constrúe o teu propio tubo, un obradoiro de organería para crianzas na igrexa da Compañía ou da Universidade.
MEDIO AMBIENTE
Compostela súmase á Hora do Planeta
O Concello de Santiago, a través da concellería de Medio Ambiente e Convivencia, vaise sumar este sábado á celebración da Hora do Planeta, unha campaña de WWF concibida como un xesto simbólico para loitar contra o cambio climático.