IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou esta fin de semana unha vítima en Xixón.
CONVIVENCIA
Protección Civil estrea furgoneta
O servizo de Protección Civil de Compostela vai estrear unha nova furgoneta. O vehículo foille entregado hoxe á Agrupación polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto celebrado na praza do Obradoiro, e no que participaron o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.
TURISMO
Nace "Santiago Paixón Doce" para promocionar a tradición larpeira da cidade durante a Semana Santa
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro, presentaron no Pazo de Raxoi Santiago Paixón Doce, novo programa gastronómico que nace coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade durante a Semana Santa.
PLENO
O Pleno aproba inicialmente os orzamentos e o cadro de persoal para o 2016
O Pleno municipal aprobou inicialmente os orzamentos e o cadro de persoal para o exercicio 2016 en sesión extraordinaria. A proposta presentada polo Goberno local saíu adiante cos votos favorables de Compostela Aberta, a abstención do PSOE e o BNG e os votos en contra do PP.
CONSORCIO
A soprano granadina Sandra Pastrana canta esta semana coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este venres, 18 de marzo, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Levará a batuta o director catalán Edmon Colomer, creador da Nova Orquestra Nacional de España e da Orquestra de Cadaqués.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O grupo da alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal gañador do concurso Aula de Patrimonio inicia a súa visita a Salamanca
Este martes iniciouse a viaxe a Salamanca do grupo de escolares do IES Eduardo Pondal que gañaron en Santiago o concurso do Programa Aula de Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Continúa aberta a matrícula no Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa
Unha vez rematado o prazo de inscrición no Programa de Conciliación Familiar e Laboral para esta Semana Santa 2016, organizado pola Concellaría de Educación e Cidadanía, e á vista de que aínda quedan prazas dispoñibles, continúa aberta a posibilidade de matrícula.
CONVIVENCIA E MOBILIDADE
Comeza este mércores a quinta fase das obras do paso inferior de Conxo
Con motivo da execución da fase 5 das obras do enlace de Conxo produciranse afeccións ao tráfico no periférico de Santiago de Compostela (SC-20), a partir de mañá mércores, 16 de marzo.
ACCIÓN CULTURAL
"O órgano sae á rúa", primeira actividade do novo ciclo "De lugares e órganos"
De lugares e órganos, o programa de música e outras paisaxes de Compostela que organiza a Concellaría de Acción Cultural para esta Semana Santa, comezará este mércores 16 coa actividade "O órgano sae á rúa". Será a partir das 19:30 horas na Libraría Cronopios.
ACCIÓN CULTURAL
Coloquio coa editora lusa Bárbara Bulhosa na Zona "C" baixo o título "Edicións tinta-da-china: independencia e supervivencia"
Despois da intervención de Joana Hurtado, do Can Felipa, arredor da súa experiencia neste centro cívico de Barcelona, e de David Rodríguez AKA Tina Paterson, que afondou en novos modos de mediación cultural, é agora a vez da editora independente portuguesa Bárbara Bulhosa. Estará este mércores 16, na Zona "C", a partir das 20:00 horas, nunha charla baixo o título Edicións tinta-da-china: independencia e supervivencia. A Concellaría de Acción Cultural convida a todos e todas as...