ACCIÓN CULTURAL
Ábrese a inscrición para a viaxe ao País Vasco do programa "Imos de excursión 2016"
Dende as 17:00 horas deste xoves, 3 de marzo, estará aberto o prazo de inscrición na primeira das viaxes do programa Imos de excursión 2016. Os interesados poden así reservar praza para unha viaxe ao País Vasco prevista entre os días 24 e 27 de marzo, coincidindo coa Semana Santa. A inscrición pode formalizarse presencialmente nos centro socioculturais. Na reserva de prazas, que son limitadas, teñen preferencia os empadroados en Santiago.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
Martiño Noriega aposta por facer de Compostela unha capital inclusiva
O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiron este martes no Pazo de Raxoi á directiva de Aspanaes, a Asociación de Pais de Persoas con Espectro Autista da Coruña. O rexedor expresoulle á presidenta do colectivo, María José Álvarez Folgar, a vontade do Goberno municipal de seguir colaborando coa Asociación e de abrir novas vías de cooperación.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello investiu máis de 150.000 euros no plan de obras nos centros de ensino
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe das obras de mantemento, reparación e reforma levadas a cabo nos centros públicos de Santiago entre setembro de 2015 e marzo de 2016. A empresa encargada deste contrato foi Espina&Delfín e o importe invertido ascende aos 155.000 euros.
ACCIÓN CULTURAL
O 30º aniversario de Matarile Teatro e os concertos de Ses e Diego El Cigala, entre as actividades culturais de marzo
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a axenda cultural do Concello de Santiago para marzo. Este mes teremos o 30 aniversario de Matarile Teatro, a entrega dos Premios do Auditorio de Galicia e estrea da exposición dos seleccionados, o novo espectáculo teatral de Producións Excéntricas e os concertos de Diego El Cigala e Ses, ademais de programación didáctica, outros espectáculos teatrais, concertos da Banda Municipal de Música, da Real Filharmonía de Galicia e da OSGA,...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Este sábado abre o prazo de matrícula para o programa de conciliación de Semana Santa
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta esta mañá do programa de conciliación de Semana Santa 2016 cuxo prazo de matrícula abre este sábado, 5 de marzo.
POLÍTICAS SOCIAIS
Avanzan os traballos para a elaboración dun protocolo de prevención e atención ás persoas afectadas polos desafiuzamentos
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presidiu a terceira xuntanza da Mesa de Traballo para a elaboración dun protocolo de prevención e atención ás persoas afectadas polos desafiuzamentos.
MEDIO RURAL
Compostela participa nun proxecto europeo para desenvolver a estratexia verde no rural
Compostela é unha das dez cidades europeas que participan no programa Urban Green Labs, unha iniciativa coa que aspiran a fondos europeos no marco da convocatoria URBACT III (2014-2020).