ACCIÓN CULTURAL
A repostería e as artes escénicas, da man no programa familiar "12 doces do outono"
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o programa 12 doces do outono, unha proposta familiar para os centros socioculturais na que a repostería do outono se une a diversas representacións escénicas. Serán 12 espectáculos, en 12 espazos diferentes, a celebrar os domingos 13, 20 e 27 de novembro e 4 de decembro.
MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
Comezan as obras do gran contrato de mantemento
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio das obras do gran contrato de mantemento, ao que o Goberno local destinou 1,2 millóns de euros. Rafael Peña explicou que os traballos xa están en marcha na rúa Diego Bernal e Fontes do Sar, que estarán rematados previsiblemente mañá. O luns, iniciaranse as reparacións na rúa das Rodas, unha das máis deterioradas do centro da cidade.
ALCALDÍA E TURISMO
Aberto o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou o I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada, que se celebra ata o vindeiro domingo. No acto, celebrado na Fundación Torrente Ballester, tamén participaron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o ilustrador Miguelanxo Prado e a concelleira de Turismo, Marta Lois.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Antonis Papatheodolou e Iris Samartzi reciben o IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
Os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi recibiron de mans do alcalde, Martiño Noriega, o IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, como autores do texto e das ilustracións, respectivamente, da obra Unha última carta. A cerimonia celebrouse no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.
ACCIÓN CULTURAL
Oliver Laxe visita Cineuropa para presentar a súa premiada "Mimosas"
O Teatro Principal abriralle as portas de novo este venres a Oliver Laxe, que visita Cineuropa para presentar Mimosas. O cineasta galego, premio Cineuropa 2010, volve ao festival despois de facerse co premio na Semana da Crítica do Festival de Cannes co seu último filme. Será ás 20:00 horas.