CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia realiza esta semana tres concertos nos centros socioculturais de Vite, Santa Marta e Fontiñas
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos nos centros socioculturais de Vite, Santa Marta e Fontiñas. Estas actuacións, que serán gratuítas ata completar o aforo, buscan achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. As citas serán mañá mércores no centro de Vite (que este ano celebra o seu 25º aniversario), o xoves en Santa Marta (Sala Agustín Magán) e o venres en Fontiñas; todas elas ás 19:00 horas. Ademais, parte da orquestra tocará o...
SAÚDE
O Consello Municipal de Saúde acorda solicitar información á Xestión Integrada do CHUS sobre o proxecto do Campus da Saúde
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presidiu esta tarde no edificio Cabes de Salgueiriños, a terceira xuntanza do Consello Municipal de Saúde, constituído no pasado mes de xaneiro despois de dez anos sen reunirse.
COMERCIO
Nace a campaña #TeñoMonte, premio do Concurso de Publicidade Comercial en Galego
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou acompañada do director de E-Monte Solucións Forestais, Víctor Rivas, e da directora da compañía de marketing Esgalla, Natalia Martínez, o proxecto #TeñoMonte que recibiu un dos premios da IV edición do Concurso de Publicidade Comercial en Galego.