POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde reivindica "a política das persoas" na inauguración da I Xornada sobre senfogarismo
O alcalde, acompañado pola concelleira Concha Fernández, inaugurou esta mañá a I Xornada sobre as persoas sen fogar en Compostela, organizada pola Concellaría de Políticas Sociais. Martiño Noriega reiterou o seu compromiso de "situar ás persoas no centro da política, o que implica combater de forma prioritaria a exclusión social e a pobreza".
FACENDA
Catro parques infantís e un vehículo desbrozador para o rural, entre as propostas máis votadas dos OP
A concelleira de Facenda, María Rozas, deu a coñecer hoxe as propostas que resultaron máis votadas no proceso dos Orzamentos Participativos nas áreas de Cidade, Sueste, Nordeste e Rural.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago avanza nas actuacións de recuperación urbana e de dinamización cultural da cidade histórica para 2017
O Consorcio da Cidade de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No transcurso da reunión tratáronse diversos asuntos de trámite administrativo.
IGUALDADE
Quince concellos súmanse á campaña "En negro contra a violencia"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, anunciou esta mañá que este ano serán 15 os concellos que desenvolverán a campaña En negro contra a violencia, á que se poden adherir todos os establecementos que o desexen.
ALCALDÍA
Martiño Noriega destaca a vixencia do pensamento de Luís Porteiro Garea
O alcalde participou hoxe na homenaxe que a Facultade de Dereito lle rendeu a Luís Porteiro Garea, un dos fundadores da Irmandade da Fala de Santiago.
POLÍTICAS SOCIAIS
O senfogarismo precisa de coordinación entre entidades e corresponsabilidade entre as administracións
Estas son as principais conclusións que se acadaron hoxe no auditorio da Facultade de Filosofía durante a celebración da I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, promovida dende a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde.