XUNTA DE GOBERNO
En marcha os trámites para adxudicar a reparación do contorno de Santa Susana
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación das obras de repavimentación do contorno do parque de Santa Susana, no que se van investir 140.187,24 euros, IVE incluído. O secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, explicou que a actuación se financiará con cargo aos remanentes, de xeito que deberá estar concluída antes de que remate o ano. O prazo de execución é de 45 días.
TURISMO
Turismo de Santiago preséntase en Nova York ante axentes de Estados Unidos e Canadá
Entre o 23 e o 25 de outubro, Turismo de Santiago estará presente no evento Spain 360º Annual Workshop, organizado conxuntamente en Nova York polas catro Oficinas de Turismo de España en Estados Unidos e as dúas de Canadá.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba o proxecto de reurbanización da rúa Cancelas
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación das obras de reurbanización da rúa Cancelas. O proxecto conta cun orzamento de 201.704,40 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de tres meses.
FACENDA E MOCIDADE
Iníciase a votación das propostas de actividades para a mocidade nos OP
Desde hoxe e ata o vindeiro 6 de novembro está aberto o prazo para votar os Orzamentos Participativos de Mocidade. Como no caso das propostas de investimentos, para que o voto sexa válido hai que priorizar 10 ideas de actividades. En total, o orzamento suma 100.000 euros.
CONVIVENCIA
Novos pasos para dotar a cidade vella de zonas de aparcamento de residentes
A partir do próximo luns, 24 de outubro, os residentes das rúas Carretas, Hortas, Trindade, Raxoi e dos números 2,4 e 6 da rúa San Clemente poderán solicitar as súas tarxetas de acceso e de residentes. O trámite realízase nas oficinas do Departamento de Tráfico, na Costa do Cristo.
ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal, escenario da primeira gala dos Premios Ari(t)mar
O Teatro Principal acollerá o próximo martes a primeira gala de entrega dos Premios Ari(t)mar da Música e da Poesía Galego-Portuguesa, impulsados pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co obxectivo de recoñecer e afianzar os vínculos lingüísticos e culturais ás dúas beiras do Miño. A iniciativa conta co apoio do Concello de Santiago, e das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.