CONSORCIO
Últimas semanas para que rapaces e rapazas de 5 a 14 anos se inscriban no curso de corda da EAEM
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos. Así, o centro pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, centrado nesta ocasión nas especialidades de violín e violoncello. As clases comezarán en novembro e prolongarase ata o mes de maio de 2017. A inscrición remata o 4 de novembro.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou unha vítima este domingo na localidade de Olivares (Sevilla).
IGUALDADE E MOCIDADE
"Recicla o xénero" promoverá a igualdade nos institutos de Compostela
As concelleiras de Igualdade e de Mocidade, Marta Lois e Noa Morales, respectivamente, presentaron esta mañá os obradoiros de igualdade Recicla o xénero, que teñen como obxectivo abordar a loita contra as violencias machistas e a procura da igualdade entre os mozos e mozas de Compostela. Desenvolveranse entre os meses de outubro e novembro de 2016 e entre abril e maio de 2017. Na rolda estiveron acompañadas de María Traveso, de Promove.
CONVIVENCIA
O Concello dálle un novo pulo ás actividades de educación viaria
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a oficial da Policía Local Diana Parente presentaron esta mañá a Memoria Anual de Actividades de Educación Viaria do corpo municipal. O balance refírese ao curso 2015-2016, no que a Policía Local chegou a 2.158 persoas a través de accións teóricas e prácticas nos centros escolares, charlas en colexios de educación especial, e outras actividades.
SAÚDE
Santiago acolle o sábado unha marcha solidaria a favor dos transplantados de medula ósea
O Palacio de Congresos e Exposicións acollerá entre o 20 e o 22 de outubro o LVIII Congreso Nacional da Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia e o XXXII Congreso Nacional da Sociedade Española de Trombose e Hemostasia. Con motivo destes eventos, haberá dúas acción abertas ao público: unha carpa na praza Roxa cun espazo para doazón de sangue e un espazo infantil, e unha marcha solidaria.
ALCALDÍA
Martiño Noriega defende a importancia histórica, simbólica e económica de Medicina para a cidade
O alcalde de Santiago asistiu ao acto académico de celebración de San Lucas, patrón da Facultade de Medicina. No mesmo, Martiño Noriega defendeu "a importancia da Facultade de Medicina para Santiago dende o punto de vista histórico, simbólico e mesmo económico". Ademais, fixo súas as demandas do decano Juan Gestal relacionadas co déficit de profesorado e instou a todas as institucións implicadas a poñer todo da súa parte para ter a mellor Facultade posible.