IGUALDADE
A diagnose sobre as desigualdades de xénero será o punto de partida para o deseño dun Plan Municipal de Igualdade
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou esta mañá a diagnose sobre as desigualdades de xénero na cidade, elaborada entre setembro e decembro de 2015. Este documento servirá de base para sustentar o próximo Plan de Igualdade, incluído no anteproxecto de orzamentos de 2016.
ALCALDÍA
A praza do Obradoiro acolle a exposición escultórica "Henry Moore. Arte na rúa"
O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, o director territorial de Caixabank en Galicia, Marc Arthur Benhamou; e o xefe de Coleccións da Henry Moore Foundation, Sebastiano Barassi, presentaron hoxe en Santiago de Compostela a exposición Henry Moore. A mostra estará na praza do Obradoiro ata o 28 de marzo.
CONSORCIO
A cidade de Santiago preséntase en Cuenca como modelo de rehabilitación e habitabilidade de cascos históricos
O Consorcio de Santiago participa esta semana en Cuenca nun foro de debate sobre a habitabilidade e a rehabilitación nos centros históricos, promovido polo Consorcio de Cuenca, no marco da celebración do 20º aniversario da declaración da cidade como Patrimonio da Humanidade. Na cita están presentes os tres consorcios que existen en España: Santiago, Cuenca e Toledo. Entre outros temas, estase a abordar como construír sobre o antigo; vivir, traballar, ter negocios e acceder aos cascos históricos; ou como convivir co turismo.
PLENO
O Pleno da Corporación aproba por unanimidade o Regulamento do Consello Municipal de Turismo e Cidade
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade unha proposta da concelleira delegada de Turismo, Marta Lois, relativa á modificación do regulamento do Consello Municipal de Turismo e Cidade. Esta actualización é o paso previo para reactivar o órgano, no marco dun proceso de definición do vindeiro Plan Estratéxico de Turismo 2016-2021.